jueves, 22 de noviembre de 2018

25 de Novembro. Día en contra da Violencia de Xénero.

As palabras e as actividades de concienciación non só son importantes, tamén serven para unirnos a todos contra a violencia. Unha carga social que segue sendo un dos maiores problemas en moitos países xa que segue deixando moitas vítimas.





miércoles, 31 de octubre de 2018

25 de Outubro. O Golfo Ártabro. Ceida.

Seguimos a aprender cousas novas do noso entorno máis próximo.Animáis, plantas, xeografía...e a importancia de conservar o noso medio natural.

viernes, 28 de septiembre de 2018

Benvidos a sexto!

Iniciamos un novo curso, o derradeiro neste colexio. Será un curso especial para todos, para min tamén. Aproveitádeo. Aquí vos deixo un dos meus poemas favoritos. Bicos Luisa.


jueves, 21 de junio de 2018

Despedida da promoción 2008-2018

Imaxes do acto de graduación de 6º
Sodes un grupo fantástico e chegaredes moi lonxe con esforzo e ilusión.
Ata sempre fantásticos!
Video de despedida da promoción 2008-2018.

miércoles, 20 de junio de 2018

martes, 17 de abril de 2018

Somos Biosfera 2018: Visita á Telva e a Gatocán

Dentro do Programa de Educación Ambiental Somos Biosfera 2018, o luns 16 de abril participamos nunha saída para coñecer a Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva en Cambre e as instalacións da protectora de animais Gatocán en Coirós.
Foron dúas visitas moi interesantes. Na Telva explicáronnos o proceso de potabilización da auga que chega ás nosas casas e a facer un uso responsable deste ben tan preciado.
En Gatocán vimos os gatos e cans que teñen acollidos, que son máis de 150. Puidemos xogar con eles e levámoslles comida para axudar a esta protectora. Animamos a todos a que colaboredes con eles.

viernes, 6 de abril de 2018

Coidado responsable dos animais

Dentro das actividades da Reserva da Biosfera tivemos unha charla sobre o coidao e respecto dos animais.
Mar falounos de que debemos respectar aos animais e despois Javier, veterinario do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros informounos da labor dese centro.
Por último tres persoas de Gatocán mostráronnos a importante labor que realizan recollendo e coidando gatos e cans abandonados.

miércoles, 28 de febrero de 2018

Visitamos Cerámicas do Castro

Visitamos unha das industrias máis emblemáticas de Sada: Cerámicas do Castro.
No auditorio explicáronnos a orixe desta industria e o proceso de fabricación.
Na visita á fábrica puidemos ver cada unha das fases de elaboración das pezas de cerámica.
Tamén visitamos o museo Carlos Maside, onde despois de percorrer as súas salas fixemos un xogo que consistía en atopar diversos cadros que había na exposición.
Clica na imaxe para ver as fotos da visita.

jueves, 1 de febrero de 2018

Asistimos a un concerto e a unha obra de teatro en inglés.

Asistimos a unha comedia musical en lingua inglesa titulada "Zapping" da compañía "Blue Mango Theatre". Cambiariamos algo da nosa vida se puideramos dar marcha atrás? Eli, Brian e Nicky demóstranlles coa súa actuación que isto é posible. Felicitamos aos rapaces de 5º e 6ª polo seu comportamento e a súa atención para poder seguir o desenvolvemento da mesma.
Dentro dos concertos didácticos que oferta o Concello da Coruña asistimos no Palacio da Ópera a un concerto de percusión no que nos fixeron participar e no que desfrutamos moito. Mirade nas fotos como a nosa compañeira de 6º, Sara, actúa cos músicos.
Clica nas imaxes para ver fotos e videos das dúas actividades

        

martes, 30 de enero de 2018

Día da Paz: Fitas pola Paz

O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Cada clase elaborou unha fita con mensaxes pola Paz.
Na praza Irmáns Suárez Picallo do Paseo Marítimo de Sada fixemos unha danza coas fitas de todas as aulas envolvéndoas arredor dun pau. Tódolos nenos e nenas do Colexio en círculo cantamos e bailamos a canción "Celebra la vida". Mirade as fotos e veredes que acto máis bonito nos quedou.

Clica na imaxe para ver as fotos.

jueves, 18 de enero de 2018

Visita á Domus

Hoxe os rapaces de 5º e 6º visitaron a Domus.
Primeiro asistiron a un fermoso documental en 3D titulado "Pequeños gigantes" que narraba a vida dun esquío nos bosques do Norte e a vida dun rato no deserto de Sonora. Precioso. Encantounos.Despois disfrutamos de todas as actividades interactivas que nos ofrece o museo científico.
Clica na imaxe para ver as fotos da actividade.