miércoles, 13 de noviembre de 2024

Tarabelo nas ondas

 


Hoxe tivemos a sorte de ser os protagonistas do noso programa de radio: Tarabelo nas ondas.

Ao longo da última semana do mes de outubro, o alumnado de 6º estivo a traballar no guión, gravación e edición do mesmo. 

Agardamos disfrutedes do noso traballo. 

Aquí vos deixamos a transcrición do programa. 



Se queredes escoitalo acudide ao blog O Tarabelo, concretamente ao seguinte enlace.

miércoles, 30 de octubre de 2024

Samaín 24-25

 


Hoxe foi día de celebración. Na nosa escola estivemos a gozar do día de Samaín e Magosto por partida dobre.

Comezamos na aula con lendas terroríficas que estamos a convertir en cómic, xa veredes os resultados.

Continuamos con manualidades vampíricas.

E... rematamos con festa, baile, desfile, bebida e, por suposto, castañas. 

Non todos quixeron sair nas fotos. Aquí vos deixamos a que poidemos conseguir. Agardamos disfrutedes delas. 

martes, 29 de octubre de 2024

Aniversario Sara

 



Hoxe celebramos xunto con Sara o seu aniversario.

Aínda que non quería foto tivo que acceder ante a nosa súplica 😆

Moi feliz día!



lunes, 28 de octubre de 2024

O samaín vai entrando na aula de 6º

 Comezan a chegar cabazas á escola, e os nenos e nenas de 6º colaboran coa decoración de Samaín.

Mirade as marabillas que trouxeron hoxe:












jueves, 24 de octubre de 2024

Novo proxecto Biblioteca

 

Xa nos tardaba este momento e por fin hoxe fíxose realidade.

Ao igual que anos anteriores, aínda que en condicións diferentes, a nosa mascota de biblioteca, Lecturitas, achegouse á nosa aula para propoñer o novo reto do presente curso.

Contounos as súas aventuras durante o verán e achegounos ao mundo da banda deseñada, en concreto pediu axuda para coñecer a unha pequena personaxe chamada MAFALDA, quen formará parte do noso sexto curso dende agora ata o final. 

Preparad@s? Comezamos!





martes, 22 de octubre de 2024

PREMIO RAG


No día de hoxe tivo lugar o acto de entrega do premio Contádenos o Voso Día das Letras de Luísa Villalta convocado pola Real Academia galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras.

A RAG premiou ao noso centro e estamos moi orgullosos do traballo realizado. 

O alumnado de sexto acudiu á entrega e formou parte do acto a través da representación do noso compañeiro Gabriel.



Podedes ver máis fotos facendo clic sobre a seguinte imaxe. 


viernes, 18 de octubre de 2024

Tierra de Hombres

 


Nova visita especial na nosa aula. Hoxe, en concreto da man de dúas mulleres próximas a ONG Tierra de hombres que viñeron a compartir con nós unha pequena charla sobre XUSTIZA RESTAURATIVA, termo moi complexo que fomos quen de comprender á perfección grazas a historia de Amina. Pronto chegarán máis novidades. 









jueves, 17 de octubre de 2024

Departamento Orientación 24/25

 

Hoxe, como cada ano, recibimos a especial visita da nosa orientadora Lucía e o seu inseparable Potato. 

Veu recordarnos as funcións da orientación nunha escola, a amosarnos que está aquí para axudarnos, a recordarnos pequenas aprendizaxes case esquecidas (aperta de bolboreta, por exemplo)e a compartir con nós un álbum ilustrado que ten moito que dicir e aportar as nosas vidas.


Asemade chegou con algunha sorpresiña, Potato fixo un amigo, un canciño branco moi coñecido no mundo da banda deseñada.Que quererá dicir? Nós xa estamos algo ao tanto 😀 
 





miércoles, 16 de octubre de 2024

Aniversario Adriano

 


Hoxe celebramos xunto co noso compañeiro Adriano o segundo aniversario dende o inicio do novo curso. 

Moitos parabéns amigo!

viernes, 20 de septiembre de 2024

Miguel Ángel Buonarroti

 Hoxe na sesión de plástica coñecemos a Miguel Ángel Buonarriti, autor da Capilla Sixtina. Foi un descubrimento interesante xa que aprendemos sobre a súa vida e obra e puxemos en práctica, vivindo en primeira persoa, o seu traballo na igrexa do Vaticano. 

Parecía doado, pero non foi así 😏