A través de diversos experimentos puidemos comprobar o comportamento dos corpos co paso da carga eléctrica duns a outros.
Preme na fotografía para acceder ás imaxes
A través de diversos experimentos puidemos comprobar o comportamento dos corpos co paso da carga eléctrica duns a outros.
Preme na fotografía para acceder ás imaxes
Despois de buscar, seleccionar e contrastar información de diversas fontes, realizamos as nosas exposicións grupais sobre os acontecementos máis relevantes da historia contemporánea en España. Finalmente, para comprobar o que aprendemos, elaboramos preguntas sobre os traballos para os nosos compañeiros.
Onte participamos nun obradoiro de banda deseñada co artista Santy Gutiérrez. A través das personaxes Brais e Chisco coñecemos as características do cómic e deseñamos o noso. Gustounos moito e pasámolo xenial!
Preme nas imaxes para acceder a novas:
Con motivo do próximo circuito balonmán na rúa 5 x 5, a FGB (Federación Galega de Balonmán) ofreceunos unha clase práctica na que puidemos coñecer mellor esta disciplina deportiva.
Este xoves, o alumado do terceiro ciclo visitamos o Muncyt. A primeira actividade, relacionada co tema que estamos a dar na aula: a electricidade, consistiu en realizar experimentos guiados en equipo, empregando modelos para conseguir un produto final.
A continuación, realizamos unha visita guiada polo museo na que coñecemos cousas moi interesantes. Aínda que se nos fixo un pouco curto, aprendemos e gustounos moito!
Esta semana, grazas a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), puidemos participar nun obradoiro de sensibilización sobre discapacidade.
A través de diversas actividades, puidemos comprender e familiarizarnos coa realidade das persoas con algún tipo de discapacidade.
Preme na imaxe para acceder a fotografías da xornada.
O pasado mes comezamos a desenvolver de xeito especial a resolución de problemas matemáticos a través de estratexias cooperativas sinxelas, dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. Está resultando moi interesante e estamos traballando arreo.
Hoxe, na sesión de educación física, participamos nunha actividade dentro do programa Escolas Visuais, que ten como obxectivo mellorar a atención educativa de todo o alumnado para conseguir unha escola máis inclusiva.
Preme na imaxe para acceder a fotografías da xornada.