Este xoves, o alumado do terceiro ciclo visitamos o Muncyt. A primeira actividade, relacionada co tema que estamos a dar na aula: a electricidade, consistiu en realizar experimentos guiados en equipo, empregando modelos para conseguir un produto final.
A continuación, realizamos unha visita guiada polo museo na que coñecemos cousas moi interesantes. Aínda que se nos fixo un pouco curto, aprendemos e gustounos moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario