Ir al contenido principal

25 de novembro - Que ninguén afogue o teu corazón



Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar, concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade.

Este ano, dentro do noso PDI Maresada, escollemos un lema moi especial:

“Que ninguén afogue o teu corazón”

Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón.

Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo:



Diseño de Fatima Reino

Educar en igualdade é o primeiro paso para transformar o futuro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Desexámosche o mellor Iovanna!

 Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula.  Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.

Investigación: Espacio Marco

  Damos continuidade ás exposicións de especialistas. É o turno de Marco, o noso profesional da NASA.  Maquetas, explicacións, dúbidas, consultas... un sinfín de novos coñecementos.

BENQUERER: Palabras Doces, Palabras Amargas.

  Sesión TEI na aula de 6º aprendendo sobre o poder das palabras.  Comezamos lendo un texto que nos gustaría compartir de Juan José Millás. LAS PALABRAS DE NUESTRA VIDA Resulta difícil imaginar un artefacto más ingenioso, útil, divertido y loco que un diccionario. Toda la realidad está contenida en él porque toda la realidad está hecha de palabras. Nosotros también estamos hechos de palabras. Si formamos parte de una red familiar o social es porque existen palabras como  hermano, padre, madre, hijo, abuelo, amigo, compañero, empleado, profesor, alumno, policía, alcalde, barrendero … Escuchamos las primeras palabras de nuestra vida antes incluso de recibir el primer alimento, pues son tan necesarias para nuestro desarrollo como la leche materna. Por eso sabemos que hay palabras imposibles de tragar, como un jarabe amargo, y palabras que se saborean como un dulce. Sabemos que hay palabras pájaro y palabras rata; palabras gusano y palabras mariposa; palabras crudas y palabra...