Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2026

Comezamos o proxecto UNIVERSADA!

 Xa hai varios días que comezamos o proxecto deste ano. Desta volta é o Universo e todo comezou coa chegada ás nosas aulas dun po espacial-especial e un emisario moi particular... unha persoa do espazo! A primeira misión que temos as clases de sexto é facer unha pescuda sobre as Perseidas e as Xemínidas. De verdade, que entre asteroides, planetas, constelacións e estrelas, imos pasar un ano galáctico!