Ir al contenido principal

Aparece unha misteriosa mensaxe nunha botella preto do faro de Illa Pancha

Aparece unha misteriosa mensaxe nunha botella preto do faro de Illa Pancha

Un tornado moi forte deixa unha botella cunha mensaxe ao carón da torre ribadense


Botella aparecida preto dos edificios do faro


AINE GONZÁLEZ, VERA MARTÍNEZ E MATHÍAS ROJAS

Durante a tarde de onte, Nerea Gómez unha veciña que camiñaba polo paseo cando atopou unha botella de cristal antiga preto do Faro de illa Pancha que informaba dun tornado mariño moi forte que sucedera no século XX, pero que podía volver a repetirse. Nerea, que ía acompañada por o seu amigo e biólogo, Diego Martínez, pensou que estaba a falar dalgún suceso pasado. Leváronse a botella para investigar a mensaxe, chegando á conclusión de que ese fenómeno podía volver a suceder dentro de pouco tempo. 

Ante as advertencias de estes dous ribadenses, o alcalde, Daniel Veiga Pérez, decidiu estar moi atento ás prediccións meteorolóxicas para evitar graves consecuencias no entorno do faro. 

Entre as medidas tomadas, colocáronse cámaras de actividade mariña e incrementouse a altura do muro de pedra, para que non suba a auga. Ademáis, tamén se prohibiu a circulación de embarcacións preto do Faro de illa Pancha por  precaución e ás visitas á torre ou o hotel.

Agárdase que a situación poida volver á normalidade nos próximos días.


Comentarios

Entradas populares de este blog

25 de novembro - Que ninguén afogue o teu corazón

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...

Desexámosche o mellor Iovanna!

 Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula.  Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.

Obradoiro de tapices con Mar Fraga

  Esta semana tivemos a sorte de participar nun  obradoiro moi especial de creación de tapices con redes mariñeiras , unha actividade organizada no marco das propostas educativas da  Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” .  O obradoiro estivo guiado pola artista e artesá de  Enmalle Studio (Oleiros) , Mar Fraga  , responsable dun espazo no que se recuperan  redes mariñeiras en desuso  para darlles unha  segunda vida converténdoas en tapices decorativos . Esta proposta artística combina arte téxtil, artesanía, escultura e sustentabilidade, e pon en valor materiais ligados directamente á cultura mariñeira da nosa contorna. Durante a actividade, o alumnado aprendeu a  traballar con estas redes recuperadas , explorando técnicas de intreccio e creación de texturas. Foi sorprendente ver como simples retallos e nudos transformábanse en pezas cheas de cor, movimiento e sentido! Ademais de desenvolver a creatividade, tamén re...