Ir al contenido principal

Un gato converte o Faro de Illa Pancha no seu fogar permanente

Un gato converte o Faro de Illa Pancha no seu fogar permanente

Un felino aparece preto do faro e decide utilizalo como o seu novo fogar

Hugo Ruiz xunto ao seu novo compañeiro


MARINA MUÑÓZ, ANTONELLA FABRIZIO E GERALD CAICEDO                                                                                     

A anterior semana, o alcalde, Daniel Veiga Pérez, atopou unha caixa cun pequeno gato no seu interior.

O alcalde ía deixalo cos responsables da Asociación Patiñas, pero cada vez que se alonzaban do faro, o felino miañaba. Veiga achegouse ao interior do faro, onde o gato parecía estar moito máis cómodo e ledo, polo que decidíu que o faro ía ser o seu novo fogar, coa axuda de Hugo Ruiz, o fareiro.

O gato come comida que un home lle achega ao faro. Ruiz, afirma que ao gato lle gusta correr arredor do illote e tamén dentro do faro para divertirse, xa que no faro non hai xoguetes. Tamén dixo que o gato durmía sempre nun almofadón dentro dunha caixa de cartón que estaba ao carón da cama do fareiro.

   

A historia fíxose popular porque o gato axudaba ao fareiro facéndolle compañía e usando a súa visión nocturna para guiar os barcos que se achegan á costa. 

Algúns visitantes afirman que o gato é moi cariñoso e xoguetón. Tamén din que o gato é moi suave e esponxoso. Todo aquel que pasa pola illa, non pode irse sen antes coñecer o felino do faro.


Comentarios

Entradas populares de este blog

25 de novembro - Que ninguén afogue o teu corazón

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...

Desexámosche o mellor Iovanna!

 Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula.  Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.

Obradoiro de tapices con Mar Fraga

  Esta semana tivemos a sorte de participar nun  obradoiro moi especial de creación de tapices con redes mariñeiras , unha actividade organizada no marco das propostas educativas da  Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” .  O obradoiro estivo guiado pola artista e artesá de  Enmalle Studio (Oleiros) , Mar Fraga  , responsable dun espazo no que se recuperan  redes mariñeiras en desuso  para darlles unha  segunda vida converténdoas en tapices decorativos . Esta proposta artística combina arte téxtil, artesanía, escultura e sustentabilidade, e pon en valor materiais ligados directamente á cultura mariñeira da nosa contorna. Durante a actividade, o alumnado aprendeu a  traballar con estas redes recuperadas , explorando técnicas de intreccio e creación de texturas. Foi sorprendente ver como simples retallos e nudos transformábanse en pezas cheas de cor, movimiento e sentido! Ademais de desenvolver a creatividade, tamén re...