As luces do Faro de Illa Pancha cambian de cor por un erro técnico
Durante a noite do mercores, o faro emitíu luces vermellas, azuis e verdes... Os veciños pensaron que era unha festa mariña, pero todo se debía a un fallo no sistema eléctrico.
GAEL VÁZQUEZ, HUGO POMBO E ERIC RIVERA
Fai duas noites, o faro de Illa Pancha (Lugo) sufriu un fallo informático no mecanismo de control que provocou que as luces do faro cambiaron de cor.
A situación provocou que os navegantes se viran compormetidos e en apuros, porque non sabían que significaban esas luces de coras que proviñan do faro. Pola contra, as persoas que esa noite desfrutaban do hotel de Illa Pancha tiveron inicialmente a sensación de atoparse nunha festa ou festival. Logo, ambos grupos de persoas entenderon que era un erro técnico do sistema da rede de cores.
O máis raro deste tema é que é a primeira vez que pasa isto. Algúns expertos din que puido ser un fallo no sistema eléctrico provocado pola humidade da zona e o deterioro do sistema; mentres outros sinalan que pode ser debido a un ciberataque. Ainda que segue sendo un misterio, o importante é que o erro xa foi arranxado e as luces volven a funcionar con normalidade.
Comentarios
Publicar un comentario