Ir al contenido principal

Unha balea é atopada cerca do faro de Illa Pancha

 Unha balea é atopada cerca do faro de Illa Pancha

Preto do faro de Illa Pancha, foi atopada unha balea varada. A balea non está moi ferida, pero os expertos din que hai que sacala de aí.



A balea sendo atendida polos servicios de emerxencia.


PEDRO MUÑÓZ, NANDO DORADO E XURXO CABADO

Foi un turista quen a atopou onte pola tarde: “Ía paseando pola zona cando me topei co animal de fronte. Asusteime bastante.” O alcalde, Daniel Vega Pérez, declarou que se están mobilizando os medios o máis rápido posible para poder retirar a balea de alí, pero non é suficiente cos bombeiros municipais, que non teñen recursos para proceder a sacala.

Por agora os hóspedes non poden volver ao hotel, a pesar de que o director quere que se retome a normalidade canto antes. Os expertos cren que tardarán aínda unhas semanas en quitar a balea. Mentres, os veciños de Ribadeo, por medio da Asociación Ecomariña, están organizándose para alimentar a balea. A policía local custodia a zona e non permite que os turistas se acerquen ao faro por mera curiosidade. 

Ao contrario que o hotel, o faro segue en servizo. 

Tamén se soubo que algunhas praias próximas tiveron que cerrar pola balea. Unha nena que presenciou o momento dixo que “parecía que a illa ía derrubarse”.

Fontes do concello confirman que se intentará levar a balea mar adentro para finais deste mes. Ata o momento, o plan máis doado sería derrubar unha parte da illa —onde está a balea— e que poida saír de aí por ela mesma. Porén, o obxectivo é dar cunha alternativa que non supoña iso. A Xunta de Galicia plantexou unha idea que consiste en arrastrar a balea con barcos. O alcalde di que ese plan estaría listo para executar o 27 de novembro.

As autoridades e os expertos continúan investigando o suceso.


Comentarios

Entradas populares de este blog

25 de novembro - Que ninguén afogue o teu corazón

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...

Desexámosche o mellor Iovanna!

 Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula.  Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.

Obradoiro de tapices con Mar Fraga

  Esta semana tivemos a sorte de participar nun  obradoiro moi especial de creación de tapices con redes mariñeiras , unha actividade organizada no marco das propostas educativas da  Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” .  O obradoiro estivo guiado pola artista e artesá de  Enmalle Studio (Oleiros) , Mar Fraga  , responsable dun espazo no que se recuperan  redes mariñeiras en desuso  para darlles unha  segunda vida converténdoas en tapices decorativos . Esta proposta artística combina arte téxtil, artesanía, escultura e sustentabilidade, e pon en valor materiais ligados directamente á cultura mariñeira da nosa contorna. Durante a actividade, o alumnado aprendeu a  traballar con estas redes recuperadas , explorando técnicas de intreccio e creación de texturas. Foi sorprendente ver como simples retallos e nudos transformábanse en pezas cheas de cor, movimiento e sentido! Ademais de desenvolver a creatividade, tamén re...