martes, 31 de marzo de 2020

Vamos saír adiante

Estamos vivindo un momento difícil. Pero estamos seguros de que pasará e saberemos superalo. Debemos animarnos e tratar de animar e apoiar aos demais.
En Valores fixemos un mural coas nosas mensaxes de ánimo.

lunes, 30 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA 30 DE MARZO

Xa está listo o Plan de Traballo para a semana do 30 de marzo.
Ó igual que a semana pasada, iredes recibindo, a través do voso correo electrónico, as distintas tarefas da semana.
Fixádevos na temporalización  e intentade respectala.

Ánimo que so queda unha semaniña!!

Relacionado co traballo desta semana, aquí vos deixo esta imaxe:

sábado, 28 de marzo de 2020

PASATEMPOS E ENREDOS

Esta semana traballastes moito e ben!!
Agora para divertirse se queredes tedes tarefas para pasar o tempo.
Tedes en Classroom unha divertida proposta de pasatempos.
E para a semana haberá máis.


lunes, 23 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 23 DE MARZO

Xa está listo o Plan de Traballo para a semana do 23 de marzo. En breve iredes recibindo, a través do correo electrónico, as tarefas para a semana.
Lembrade que é importante respectar a temporalización que se propón, ir realizando as tarefas día a día.
Visualizade o seguinte vídeo, está relacionado con algunha das actividades que faremos:


Os contidos e tarefas estarán dispoñibles a través das seguintes plataformas:

lunes, 16 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO: SEMANA DO 16 DE MARZO

Aquí tedes un resumo do Plan de Traballo para a semana do 16 de marzo de 2020.
As notificacións dos contidos e actividades recibirédelas a través do correo electrónico e realizaranse a través de Classroom e Aula Planeta.
Pica na imaxe para acceder ao plan semanal.

domingo, 15 de marzo de 2020

PLAN DE TRABALLO POLA SUSPENSIÓN DAS CLASES


Aínda que estamos nunha situación que non nos permite vernos día a día no colexio, seguiremos traballando telematicamente. A través do correo electrónico seguiremos comunicándonos.
Traballaremos de xeito moi parecido a como xa o viñamos facendo na aula nestes dous últimos cursos: utilizando Aulaplaneta, Google Apps (blogue, Drive,...) e a Aula Virtual de Santillana.
Para facilitarvos o traballo empregaremos Google Classroom e así visualizaredes mellor os contidos e tarefas. Recibiredes no correo electrónico de sadaycontornos.es unha invitación para unirse ás clases e tarefas que eu comparta con todos vós. Accedendo a través de Classroom xa poderedes visualizar o contido e realizar as tarefas propostas.
En principio compartirei un plan de traballo semanal pero que deberedes realizar temporalizado día a día, tal e como se vos especifica.
Seguro que esta situación rematará axiña e logo poderemos vernos e seguir compartindo as clases no colexio. Ánimo a todos!


domingo, 8 de marzo de 2020

Mulleres de Sada: a nosa profesora Mª Luisa Ricoy

No pleno infantil que se celebrou no mes de decembro, unha das propostas dos nenos e nenas do noso curso foi: "Facer un recoñecemento anual dunha muller de Sada polo seu labor, por exemplo: no ensino, na medicina, na axuda aos demais…".
O Concello de Sada recolleu a nosa proposta e elixiu recoñecer o labor da que foi profesora do noso colexio Mª Luisa Ricoy Lamas.
Na web do Concello abriuse un apartado dedicado ás "Mulleres de Sada" e nese espazo figura Luisa. Os xornais recolleron esta importante nova en Sada:
La Opinión.
La Voz de Galicia.
Luisa xubilouse a finais do curso pasado e nós lembrámola con moito agarimo. Segue vindo polo colexio e ata ten un cromo no álbum de cromos do proxecto de igualde que estamos realizando neste curso.
A súa pegada permanecerá para sempre no noso colexio.
Recollimos algunhas imaxes dela nun pequeno álbum de fotos.
Para ver as fotos pica na imaxe