sábado, 21 de diciembre de 2024

Aniversario Fran

 


Aínda que hoxe non estamos con él, non queríamos pasar por alta o seu aniversario.

Parabén amigo Fran. Agardamos disfrutes moito do teu día e do nadal.

Ata a volta.

viernes, 20 de diciembre de 2024

Festa Nadal


Hoxe foi día de gala, derradeiro do 1º trimestre e gozamos dunha xornada especial.


Merenda compartida con película, un clásico do nadal "Solo en Casa"

Visita Papá Noel e entrega de fermosas postais.

Badaladas da man do Tarabelo nas ondas e moita festa. Podedes ver máis fotos facendo clic sobre a árbore. 



E para rematar, pequenos agasallos personalizados. 

jueves, 19 de diciembre de 2024

Benquerer: Diversidade Sexual

Dado que estamos entrando xa na adolescencia e xurden numerosas dúbidas, hoxe estivemos a abordar unha temática moi importante da man da Escola do Benquerer.

Aprendemos sobre diversidade sexual distinguindo os seguintes termos:

1. Identidade de xénero.

2. Expresión de xénero.

3. Orientación sexual.

4. Sexo biolóxico.

Logo a través dun xogo coñecemos o significado real de múltiples palabras relacionadas: home, muller, homosexualidade, bisexualidade...


Escola Galega Consumo (SostiLab)


 Hoxe recibimos a visita da Escola Galega de Consumo para aprender a recoñecer os xoguetes que son seguros a través da súa etiquetaxe. 







Para ampliar información, un contiño que pode axudar. 


Investigación Baloncesto: Pelayo

 Hoxe foi o turno de Pelayo, o noso compañeiro especialista en NBA e xogador de baloncesto de "Os Golfiños".

Aquí vos deixamos a súa exposición para que poidades aprender sobre esta disciplina deportiva.

Bo traballo!















miércoles, 18 de diciembre de 2024

Amigo Invisible

 Hoxe adiantamos unha dinámica que tiñamos prevista para o Nadal para que todos e todas estivesemos presentes. 

Por petición unánime fixemos o coñecido...

AMIGO INVISIBLE

E aquí tedes o resultado:



martes, 17 de diciembre de 2024

TEI: Pequenos Xestos

 Hoxe realizamos unha actividade TEI baixo o títulos "Pequenos xestos" onde puidemos reflexionar sobre as diferentes actitudes das persoas ante circunstancias similares. 

Aprendemos que os pequenos xestos duns poucos poden dar lugar a grandes cambios.

Xulgade por vós mesmos os vídeos sobre os que debatemos.





Carreira Solidaria Dana

 





Xornada especial a prol dos afectados e afectadas pola DANA en Valencia. 

A nosa escola organizou unha carreira solidaria coa que recadar fondos para axudar a esta importante causa. 

Grazas nenos e nenas, grazas familias, grazas mestres... por estar sempre dispostos a botar unha man.

Aquí podedes ver un resumo da carreira e aceder a moitas máis fotos.


Facede clic sobre esta imaxe para aceder ao álbum de fotos. 

BENQUERER: Palabras Doces, Palabras Amargas.

 


Sesión TEI na aula de 6º aprendendo sobre o poder das palabras. 

Comezamos lendo un texto que nos gustaría compartir de Juan José Millás.


LAS PALABRAS DE NUESTRA VIDA

Resulta difícil imaginar un artefacto más ingenioso, útil, divertido y loco que un diccionario.

Toda la realidad está contenida en él porque toda la realidad está hecha de palabras. Nosotros también estamos hechos de palabras. Si formamos parte de una red familiar o social es porque existen palabras como hermano, padre, madre, hijo, abuelo, amigo, compañero, empleado, profesor, alumno, policía, alcalde, barrendero

Escuchamos las primeras palabras de nuestra vida antes incluso de recibir el primer alimento, pues son tan necesarias para nuestro desarrollo como la leche materna. Por eso sabemos que hay palabras imposibles de tragar, como un jarabe amargo, y palabras que se saborean como un dulce. Sabemos que hay palabras pájaro y palabras rata; palabras gusano y palabras mariposa; palabras crudas y palabras cocidas; palabras rojas o negras y palabras amarillas o cárdenas. Hay palabras que duermen y palabras que provocan insomnio; palabras que tranquilizan y palabras que dan miedo.
Hay palabras que matan. Las palabras están hechas para significar, lo mismo que el destornillador está hecho para desatornillar, pero lo cierto es que a veces utilizamos el destornillador para lo que no es: para hurgar en un agujero, por ejemplo, o para destapar un bote, o para herir a alguien. Las palabras nombran, desde luego, aunque hieren también y hurgan y destapan. Las palabras nos hacen, pero también nos deshacen.

E a partir de aquí... creamos un mural interactivo e colaborativo co noso propio repertorio de palabras Doces e Amargas.

Feito con Padlet

lunes, 16 de diciembre de 2024

Digicraft III

 E seguimos a testear IA coa actividade: É un paxaro ou é un avión? que realizamos en dúas partes.

1. Debuxo seguindo instruccións orais. 

2. Debuxo a través de base de datos Quick Draw. 




Investigación: Espacio Marco

 Damos continuidade ás exposicións de especialistas. É o turno de Marco, o noso profesional da NASA. 

Maquetas, explicacións, dúbidas, consultas... un sinfín de novos coñecementos.