Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2026

Obradoiro de tapices con Mar Fraga

  Esta semana tivemos a sorte de participar nun  obradoiro moi especial de creación de tapices con redes mariñeiras , unha actividade organizada no marco das propostas educativas da  Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” .  O obradoiro estivo guiado pola artista e artesá de  Enmalle Studio (Oleiros) , Mar Fraga  , responsable dun espazo no que se recuperan  redes mariñeiras en desuso  para darlles unha  segunda vida converténdoas en tapices decorativos . Esta proposta artística combina arte téxtil, artesanía, escultura e sustentabilidade, e pon en valor materiais ligados directamente á cultura mariñeira da nosa contorna. Durante a actividade, o alumnado aprendeu a  traballar con estas redes recuperadas , explorando técnicas de intreccio e creación de texturas. Foi sorprendente ver como simples retallos e nudos transformábanse en pezas cheas de cor, movimiento e sentido! Ademais de desenvolver a creatividade, tamén re...

Entroido mariñeiro en Sada e Contornos

 O Entroido deste ano no noso cole tivo sabor mariñeiro! Como temos comentado, o proxecto anual do cole está relacionado co mar e nos centrámonos na gastornomía mariña. Por iso, por entroido convertémonos en chefs do nóso restaurante imaxinario “Maresada”. Semanas antes comezamos a preparar os nosos disfraces: elaboramos nós mesmos os mandís e os gorros de cociña empregando tea. Para iso aprendemos nocións básicas de costura, tanto a man como coa máquina. Practicamos puntos sinxelos, aprendemos a enfiar a agulla e a manexar con coidado a máquina de coser.  Pero un bo cociñeiro ou cociñeira de “Maresada” non pode saír sen o seu prato estrela! Por iso, cada un elaborou o seu propio prato inspirado no mar. Empregamos papel maché e plastilina para modelar peixes, mariscos, sushi e outras delicias mariñas. Aquí vos deixamos imaxes do proceso e do entroido: