Ir al contenido principal

Entradas

Maratón de contos na Biblioteca Municipal.Día do Libro.

O alumnado de 6º participou no Maratón de contos da biblioteca como relatores e os alumnos de 3º como receptores. Foi unha experiencia moi gratificante.Cando saímos recibimos cada un de nós un caravel vermello. Grazas a Iria da Biblioteca por invitarnos.

22 de Marzo. Día Mundial del agua.

Os alumnos de sexto poñen o seu tempo para compartir uns sorrisos con toda a comunidade educativa.

No Día da Paz escollimos cantar todo o colexio a mesma canción " Colores, colores". Fala de igualdade, de convivencia, de compartir...Os nenos de 6º saben diso, son solidarios e participaron o curso pasado no TEI como titores, saben pensar nos demais e poñerse no seu lugar, o levan moi traballado. Decidiron que como no teatrillo do Día da Paz falaban de que todos tivesen un sorriso, eles farían un sorriso para cada rapaz...e aí están...a parte das mandalas, do disco de Newton , onde comprobaron que as cores desaparecían ata converterse nun neutro, o branco...a parte de todo iso, fixeron 260 sorrisos, 12 cada un co seu correspondente desexo de Paz.Todos foron entregados no acto celebrado no patio. Grazas polo voso esforzo, o voso tempo e por saber convivir tan ben. Síntome moi orgullosa de vós. A mestra Luisa.

Teatro en Inglés para 5º e 6º..." Tarzán"... Foi moi divertida e o pasamos xenial.