Ir al contenido principal

Entradas

Mural sabias que?

A clase de 6º colaborou na elaboración do Mural sabias que? con noticias sobre igualdade, fenda salarial, acceso das mulleres á educación, dereito ao voto,... Clicando nas imaxes podedes ver as imaxes do Mural sabias que?

...MÁIS LECTURITAS

Pinchando na imaxe atoparedes noticias relacionadas con: igualdade salarial e  profesional entre homes e mulleres.

LECTURITAS NOTICIAS

No noso noticieiro atoparedes temas relacionados co proxecto do centro Club de Letras. Se pinchades na imaxe podedes ver os nosos traballos sobre: a igualdade nas tarefas do fogar; o dereito a voto da muller; e  a educación das nenas e dos nenos.

Igualdade e ciencias con STEM GIRL

O pasado xoves 10 de outubro continuamos promovendo a igualdade. Esta vez coa actividade denominada STEM GIRL, a través da cal puidemos comprobar que as ciencias son  tanto para os nenos como para as nenas. Clicando na imaxe podedes ver en que consistiu este Obradoiro.

RADIO 6º. Igualdade

Hoxe en Radio Sexto podedes escoitar  as nosas noticias relacionadas coa igualdade. Noticias 1.   Noticias 2.   Noticias 3.   Noticias 4.   Noticias 5.   Noticias 6. 

Empezamos un novo curso

Empezamos un novo curso con moitas ganas de aprender e pasalo moi ben. É o noso último ano no cole.

Alvarella día 12 de Xuño.

E ata aquí a excursión. Parabens a todos polo voso comportamento! Fixestedes que a miña derradeira excursión como mestra resultase moi fácil e divertida. Dende a miña posición de xubilada seguirei defendendo a escola pública. Grazas e moita sorte a todos!