Ir al contenido principal

Entradas

SAMAÍN/MAGOSTO NA ESCOLA

    Esta mañá disfrutamos sen dúbida dunha celebración moi divertida na nosa escola. Depois dos tempos de pandemia, por fin poidemos xuntarnos, abrazarnos...SER LIBRES. Mirade o guapos e guapas que estabamos. Por se o queredes saber, e non con intención de trasladarvos envexa..., aquí vos deixamos as nosas actividades de hoxe: 1. Compartimos cos nosos titorizados unha creación artística con elementos de outoño baseada na obra de Arcimboldo. Quedáronos cadros tan fermosos como este. 2. Tivemos máis tempo de patio no que puidemos danzar e xogar ao ritmo da música, comer castañas e beber zume con todos os compañeiros e compañeiras de todo o centro. 3.Participamos no photocall do Samaín (con fotos ben simpáticas). 4. Xa de volta nas aulas, continuamos cunha pouca máis de festa para rematar. Un Día Inesquecible. Se queredes ver máis fotos, facede clic sobre as cámaras.

27/10/2022 ANIVERSARIO JULIA

 

Lume aos ESTEREOTIPOS

  Hoxe na clase de Valores estivemos a falar sobre estereotipos e prexuizos, dúas accións, actitudes... que poden ocasionar importantes problemas na sociedade.  Investigamos sobre as súas diferenzas e similitudes, puxemos exemplos ao respecto... Incluso detectamos algúns que nós mesmos tiñamos ou sufrimos nalgún momento.  E, xa convencidos, decidimos montar a nosa propia queima deles. 

Presentación Departamento de Orientación

  Como cada ano, Lucía, a nosa orientadora, acudiu a nosa aula para presentarse ao alumnado novo e recordarnos a todos e todas a súa función na escola e como pode axudarnos no noso día a día. Estivemos moi atentos, respostamos ben as preguntas e fixemos outras moitas. Somos unha clase moi participativa e faladora.  Que non se nos esqueza decirvos que Lucía chegou acompañada de Potato ao que, extrañamente, saíronlle ás de bolboreta para poder narrarnos a historia de Adrián, un neno que aprendeu a aceptarse tal e como é.

Máis Cabazas

  Chegaron máis cabazas á nosa exposición. Grazas Awa, Carlos, Xoel, Sofía, Vera e Asier por axudar a que a nosa escola estea terrorífica para esta celebración. SODES UNS ARTISTAS!

Primeiros Auxilios

  Nesta escola estamos convecidos de que a educación vai moito máis aló das aprendizaxes do currículo, así que, hoxe poidemos aprender sobre accións que poden salvar a vida dunha persoa.  Aprendemos sobre: 1. Pasos a seguir en caso de emerxencia. Está vostede ben? Oiga? Escoitame? Comprobando se hai constantes vitais (pulso, respiración...) 2. Aprendemos sobre como por a unha persoa en posición lateral de seguridade á espera da chegada dos profesionais sen danar e de xeito correcto.  3. RCP (en adultos, nenos e nenas e incluso en bebés) Foi unha moi boa formación que estamos dispostos a seguir perfeccionando.  BO TRABALLO

CHEGA O SAMAÍN

  Hoxe chegou a nosa aula a primeira cabaza de Samaín para decorar a nosa escola nesta conmemoración terrorífica.  Grazas Lola pola túa aportación. Agardamos, en breve, ter máis e máis cabazas.