Ir al contenido principal

Entradas

Navega con Rumbo (Ameazas Internet)

  O Programa Navega con Rumbo ten como obxectivo favorecer o uso responsable de internet entre o alumnado, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e as redes sociais mediante charlas informativas que aborden o uso positivo da rede e proporcionar estratexias para previlos. Hoxe, dentro deste programa, visitounos Rubén que nos ensinou algúns dos peligros de internet e mostrounos algunha práctica que debemos de ter en conta á hora de facer uso das tic. Face clic sobre a seguinte imaxe e poderedes acceder a toda a información que nos ofreceron e que pode ser de moita utilidade.

Salvamento Sada (SASA)

   Hoxe visitaron o centro Xoel e Roberto, técnicos do Club Salvamento Sada (SASA) para acercarnos a esta disciplina deportiva.  Coñecimos un pouco máis das súas peculiaridades e as distintas probas que o compoñen.  O vindeiro venres realizaremos unha sesión práctica na praia de Sada. Clica na imaxe para ver as fotos

Deseño 3D

  O alumnado de 6º estivo esta mañá a traballar sobre corpos xeométricos, arquitectura, matemáticas... da man de Montse, aprendendo a manexar un programa de deseño 3d chamado Tinkercad, co que realizamos varias tarefas prácticas e construimos o Museo Maside. Non foi tarefa doada pero acadamos bós resultados finais (cun chisco de axuda, claro).

A noticia: Empregando Padlet

  Hoxe aprendemos a empregar unha nova ferramenta dixital para crear a nosas investigacións, presentacións, esquemas...  Co obxectivo de traballar a noticia, cada neno/a de 6º creou a súa cortiza virtual engadindo o nome de cada parte desta tipoloxía textual, a súa definición e unha imaxe que a identificase.  Aquí vos deixamos os resultados. 

Festival Letras Galegas (Ai mamasiña que medo)

A entrada de hoxe no noso blogue non pode comezar doutro xeito... NORABOA!!!!! Normalmente escribo as entradas dende un punto de vista xeral e colectivo, pero nesta ocasión, preciso facelo a título persoal xa que hoxe o alumnado de 6º permitiume  ver un grupo unido, colaborador, cheo de enerxía, ganas e arte por cada costado.  Cando tomamos a decisión de facer unha obra teatral non sabiamos como ía a sair xa que non é tarefa doada e require de moito tempo, adicación, memorización, ensaio... pero dende logo síntome moi moi orgullosa de todos e todas vós. Fixéchedes un traballo incríble, non hai palabras que poidan describir a emoción de ver como o escenario quedaba pequeno ao voso carón. Bravo, Bravo e Bravo!! Grupo teatral "Os toxiños" Os nosos tolos poetas As incríbles e diversas bruxas Os nosos paisanos e paisanas Morcego, Xuvenco, Ocus Listus e Ramiriño. E non pode quedar sen facer unha mención especial aos presentadores desta edición. Ariana, Asier... moi bo traballo....

16/05/2023 ANIVERSARIO SILVIA

 

Parkour

  Sesión de E. Física diferente. Tocou parkour e os cativos e cativas de 6º disfrutaron sen dúbida da experiencia. Tiveron a oportunidade de probar distintas estratexias de parkour facendo uso de materiais deportivos diversos. Podedes ver no seguinte enlace vídeos da súa xornada.