Ir al contenido principal

Entradas

Teatro: "Violino, inglesa e o libro xigante"

Hoxe, estreamos na Casa da Cultura  a obra:  Violino, inglesa e o libro xigante , escrita por Xoan Babarro e Ana María Fernández, coa que a RAG presentou o proxecto Primavera das Letras de Luisa Villalta. Como dicía Luisa en relación ós seus ensaios musicais: Ensaiamos todos os días, fatigando a repetición e descobrindo as pequenas xemas escondidas. Repetir, repetir, repetir, repetir, outra vez, un día e os seguintes. Tamén nós traballamos moito para representar a que foi a nosa primeira obra teatral, na que nos acompañaron María, mestra de apoio na nosa aula e ex alumna de Luisa Villalta, e compañeiros doutros cursos na parte musical. María interpretou un fragmento da obra escrita por Luísa Villalta: Concerto para un home só, que deu paso á representación do alumnado. Moitísimos parabéns a todos!

Plan Director Convivencia: Novas Tecnoloxías

Hoxe  recibimos unha charla informativa  por parte da Garda Civil sobre novas tecnoloxías,  co obxectivo de favorecer tanto o bo uso das mesmas como a convivencia no centro. Estivo centrada, principalmente, en redes sociais e videoxogos.

Robótica e Luisa Villalta

 Para afianzar a biografía xa traballada sobre Luisa Villalta (autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas) realizamos unha actividade de robótica, elaborada na aula, empregando o tale-bot.

Guionistas e actores por un día

Nesta ocasión compartimos as nosas creacións literarias, plásticas e dramáticas. Todas elas relacionadas coa falta de hábitos saudables e outras enfermidades. Esperamos que vos gusten tanto como a nós!  

Entroido 2024

Durante a semana seguimos os mandados do meco e preparámonos para o gran día. Preme nas imaxes para máis fotografías Hoxe, puxémoslle ó mal tempo boa cara, sabrosas orellas, filloas, rosquillas... e música, moita música para divertirnos. Pasámolo xenial!! E mostra dos nosos bailes...

Día da Internet segura

Baixo o lema "Protege tus dispositivos: aprende a realizar configuraciones seguras" realizamos un obradoiro online no que aprendemos a previr problemas de ciberseguridade nos nosos dispositivos e servizos online.