Ir al contenido principal

Entradas

Miguel Ángel Buonarroti

 Hoxe na sesión de plástica coñecemos a Miguel Ángel Buonarriti, autor da Capilla Sixtina. Foi un descubrimento interesante xa que aprendemos sobre a súa vida e obra e puxemos en práctica, vivindo en primeira persoa, o seu traballo na igrexa do Vaticano.  Parecía doado, pero non foi así 😏

Xa estamos de volta (24-25)

Arranca con enerxía, alegría e ilusión este novo curso.   Pasamos a ser os maiores da escola, cambiamos de aula, novas rutinas, novos aprendizaxes, novas experiencias e un longo etc que agardamos disfrutar xuntos. Ánimo que xa estamos de volta. Que comece a viaxe.   

Aniversario ENZO

                       Iniciamos este curso celebrando o aniversario do noso amigo ENZO.  Non hai mellor xeito de dar comezo a novas experiencias e aventuras. Desexamos que se cumplan todos os seus soños. 

Quentando Motores

Estamos a piques de iniciar un novo curso e a aula de 6º xa está preparada para recibir aos seus cativos e cativas.  O noso horario visual esta desexoso de entrar en funcionamento.    Sen esquecernos, como non pode ser doutro xeito, das celebracións.  Os aniversarios da nosa aula teñen un espazo único pola súa importancia. 

Feliz verán

Chegou o momento da graduación, da despedida dunha etapa e da que sempre será a vosa escola. Unha escola na que medrastes, aprendestes e compartistes moitos momentos que serán inesquecibles para todos vós. Formastes un maravilloso grupo no que vos acompañamos as mestras e as vosas familias, estupendas todas elas.    Comeza unha nova etapa na que haberá novos compañeiros, profesores, experiencias...Disfrutade de cada momento e lembrade que sempre estaremos na escola agardando vervos de novo. Sodes estupendos! Moitos parabéns e feliz veran!

Vela lixeira.

 Rematamos a nosa experiencia en vela lixeira na que, sen dúbida, aprendemos e desfrutamos moito. Moitas grazas os monitores por acompañarnos estes días. Premendo accédese ás fotos da xornada:

Patrimonio e plástica

 Quixemos rematar os nosos traballos relacionados co patrimonio de Sada con  unhas creacións plásticas. Aínda que non puidemos acabalas todas, fixemos un traballos xeniais: AS BRAÑAS      O PAZO DE MEIRÁS                            AS CERÁMICAS DO CASTRO                                        A TERRAZA