Ir al contenido principal

Entradas

Aniversario Fran

  Aínda que hoxe non estamos con él, non queríamos pasar por alta o seu aniversario. Parabén amigo Fran. Agardamos disfrutes moito do teu día e do nadal. Ata a volta.

Festa Nadal

Hoxe foi día de gala, derradeiro do 1º trimestre e gozamos dunha xornada especial. Merenda compartida con película, un clásico do nadal "Solo en Casa" Visita Papá Noel e entrega de fermosas postais. Badaladas da man do Tarabelo nas ondas e moita festa. Podedes ver máis fotos facendo clic sobre a árbore.  E para rematar, pequenos agasallos personalizados. 

Benquerer: Diversidade Sexual

Dado que estamos entrando xa na adolescencia e xurden numerosas dúbidas, hoxe estivemos a abordar unha temática moi importante da man da Escola do Benquerer. Aprendemos sobre diversidade sexual distinguindo os seguintes termos: 1. Identidade de xénero. 2. Expresión de xénero. 3. Orientación sexual. 4. Sexo biolóxico. Logo a través dun xogo coñecemos o significado real de múltiples palabras relacionadas: home, muller, homosexualidade, bisexualidade...

Escola Galega Consumo (SostiLab)

  Hoxe recibimos a visita da Escola Galega de Consumo para aprender a recoñecer os xoguetes que son seguros a través da súa etiquetaxe.  Para ampliar información, un contiño que pode axudar. 

Investigación Baloncesto: Pelayo

  Hoxe foi o turno de Pelayo, o noso compañeiro especialista en NBA e xogador de baloncesto de "Os Golfiños". Aquí vos deixamos a súa exposición para que poidades aprender sobre esta disciplina deportiva. Bo traballo!

Amigo Invisible

 Hoxe adiantamos unha dinámica que tiñamos prevista para o Nadal para que todos e todas estivesemos presentes.  Por petición unánime fixemos o coñecido... AMIGO INVISIBLE E aquí tedes o resultado:

TEI: Pequenos Xestos

  Hoxe realizamos unha actividade TEI baixo o títulos "Pequenos xestos" onde puidemos reflexionar sobre as diferentes actitudes das persoas ante circunstancias similares.  Aprendemos que os pequenos xestos duns poucos poden dar lugar a grandes cambios. Xulgade por vós mesmos os vídeos sobre os que debatemos.