Ir al contenido principal

Entradas

Entroido de Cómic

  E hoxe, entroido de cómic. Un día de diversión e risas da man de  Ma falda, familia e amigos. Para máis fotos, facede clic sobre Quino.

Iniciando o Entroido

 Hoxe foi día de disfrace libre. Aínda que tiñamos que traballar un pouco, a cousa non era seria, pero sí moi divertida. Xulgade por vós mesmos.

Aniversario Gabriel

  Chegou o día de felicitar ao noso compañeiro Gabriel con moito agarimo e ilusión desexamos que este novo ano estea cheo de emocións e moitísima felicidade, está máis que merecido. PARABÉNS!

Día Internet Segura

  Hoxe o alumando de 6º partipou no taller online do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade)co obxectivo de fomentar hábitos de seguridade na rede a todos os niveis.  Agardamos que progresivamente asuman estas cuestións de tanta relevancia no día a día. 

Investigación Red Ferroviaria

 Hoxe tamén foi o turno de Breixo, sen dúbida, ben informado sobre as redes ferroviarias en España e máis concretamente na nosa comunidade. O seu traballo merece un gran recoñecemento e aplauso, ao igual que a súa exposición sobre o tema. NORABOA!

Investigación Olivia Rodrigo (Leila)

  Continúa a rolda de presentación de investigacións creadas e deseañadas polo alumnado de 6º EP.  Hoxe é o turno da nosa especialisa en música, fan nº 1 de Olivia Rodrigo. Aquí vos deixamos o traballo realizado e as fotos da súa exposición. Ben feito, Leila.  CARTEL PUBLICITARIO

PALABREANDO (Gañador)

  Hoxe temos que dar a noraboa a Breixo.  O noso compañeiro foi un dos premiados do concurso Palabreando.  Leva xa participando dende o inicio desta dinámica e non perdeu as ganas de continuar.  A constancia conduce ao éxito.  Bo traballo.