jueves, 22 de diciembre de 2022

Nadal 6º (Esperando a chegada do 2023)

 


Finalizamos primeiro trimestre e como non pode ser doutro xeito, estivemos de celebración de nadal.


Sesión de cinema con palomitas 

Patio divertido e compartido



Visita aos Reis Magos con entrega de fermosas postais 


Chocolatada e campanadas fin de trimestre


Amigo Invisible

Como podedes observar un dia repleto de ledicia, emocións, diversión...



Facede clic sobre o elfo "Selfie" e teredes acceso a todas as fotos do nadal da escola"

martes, 20 de diciembre de 2022

FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE


 Hoxe fixemos unha saída escolar á fundación Mº Jove para disfrutar da súa actividade: Retrato das Emocións. 

Estivemos encantados de viaxar xuntos no autobús e rir sen parar coas cantigas de sempre.

A visita resultounos curta pero interesante.


Foto de grupo para comezar.

Entrando na sala para coñecer a súas obras.


Probando a cambiar as emocións das obras a través da cor.

Máis fotos facendo clic na seguinte imaxe.


CRE-ARTE: PINTURA

 


Hoxe chegou o noso momento de amosar a toda escola o noso traballo de todo o trimestre. Como ben sabedes estamos a desenvolver un proxecto de arte na nosa escola e comezamos coa PINTURA.

Os nenos e nenas de 6º decidimos centrarnos en arte modernista: por art, cubismo, surrealismo... e tras moita investigación e estudo creamos fermosas obras como as que podedes ver a continuación.





Para disfrutar de moitas máis fotos, facede clic sobre a paleta.


E para poder vernos en acción como verdadeiros guías de museo...



viernes, 2 de diciembre de 2022

Enki: Corre por un mundo imperfecto

 

Co obxectivo de conmemora o día 3 de decembro (Día da diversidade Funcional) a nosa escola sumouse a unha proposta da fundación Abrente (Enki proxecto) a prol dunha sociedade mellor, onde o respecto á diversidade é a premisa principal.

Así, preparamos unha proba lúdica e non competitiva no que o noso alumnado tería que afrontar retos atendendo a posibles limitacións: discapacidade visual, auditiva, motora... e así decatarse de que todo é posible se somos un equipo e o bo trato é a nosa filosofía de vida.

Foi unha experiencia xenial, disfrutamos e aprendemos xuntos. Sen dúbida para repetir.