Co obxectivo de conmemora o día 3 de decembro (Día da diversidade Funcional) a nosa escola sumouse a unha proposta da fundación Abrente (Enki proxecto) a prol dunha sociedade mellor, onde o respecto á diversidade é a premisa principal.
Así, preparamos unha proba lúdica e non competitiva no que o noso alumnado tería que afrontar retos atendendo a posibles limitacións: discapacidade visual, auditiva, motora... e así decatarse de que todo é posible se somos un equipo e o bo trato é a nosa filosofía de vida.
Foi unha experiencia xenial, disfrutamos e aprendemos xuntos. Sen dúbida para repetir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario