Ir al contenido principal

Entradas

Nadal 6º (Esperando a chegada do 2023)

  Finalizamos primeiro trimestre e como non pode ser doutro xeito, estivemos de celebración de nadal. Sesión de cinema con palomitas  Patio divertido e compartido Visita aos Reis Magos con entrega de fermosas postais  Chocolatada e campanadas fin de trimestre Amigo Invisible Como podedes observar un dia repleto de ledicia, emocións, diversión... Facede clic sobre o elfo "Selfie" e teredes acceso a todas as fotos do nadal da escola"

FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE

 Hoxe fixemos unha saída escolar á fundación Mº Jove para disfrutar da súa actividade: Retrato das Emocións.  Estivemos encantados de viaxar xuntos no autobús e rir sen parar coas cantigas de sempre. A visita resultounos curta pero interesante. Foto de grupo para comezar. Entrando na sala para coñecer a súas obras. Probando a cambiar as emocións das obras a través da cor. Máis fotos facendo clic na seguinte imaxe.

CRE-ARTE: PINTURA

  Hoxe chegou o noso momento de amosar a toda escola o noso traballo de todo o trimestre. Como ben sabedes estamos a desenvolver un proxecto de arte na nosa escola e comezamos coa PINTURA. Os nenos e nenas de 6º decidimos centrarnos en arte modernista: por art, cubismo, surrealismo... e tras moita investigación e estudo creamos fermosas obras como as que podedes ver a continuación. Para disfrutar de moitas máis fotos, facede clic sobre a paleta. E para poder vernos en acción como verdadeiros guías de museo...

15/12/2022 ANIVERSARIO CAROLINA

 

Enki: Corre por un mundo imperfecto

  Co obxectivo de conmemora o día 3 de decembro (Día da diversidade Funcional) a nosa escola sumouse a unha proposta da fundación Abrente (Enki proxecto) a prol dunha sociedade mellor, onde o respecto á diversidade é a premisa principal. Así, preparamos unha proba lúdica e non competitiva no que o noso alumnado tería que afrontar retos atendendo a posibles limitacións: discapacidade visual, auditiva, motora... e así decatarse de que todo é posible se somos un equipo e o bo trato é a nosa filosofía de vida. Foi unha experiencia xenial, disfrutamos e aprendemos xuntos. Sen dúbida para repetir. 

A máquina do Tempo

  Este ano voltamos a formar parte do colexio do Benquerer, un programa de educación afectivo-sexual baseado no bo trato, a confianza, o respecto, a diversidade e o pensamento crítico que nos ofrece actividades adaptadas á nosa idade e de interese para a vida. Hoxe comezamos coa primeira, baixo o título "A máquina do tempo" e aprendemos sobre os cambios que se producen na adolescencia nos homes, nas mulleres e en ambos (aqueles cambios comunes) xa que estamos a medrar moi rápido e precisamos saber que todo o que acontecerá é normal e non supón ningún tipo de vergoña.

Proxecto Memoria

  Hoxe tivemos a oportunidade de participar na actividade Proxecto Memoria no que, na man dun narrador oral, coñecimos a catro veciñas de Sada que falaban do seu pasado na nosa vila. Aprendemos sobre os seus xogos, as súas familias, as diferenzas da súa vida en comparación coas nosas... Comprendemos que é importante dar valor aos nosos maiores, ao moito que teñen por ensinarnos e contarnos. As historias de vida poden marcar a nosa propia para sempre.