viernes, 28 de abril de 2023

Padriños e Madriñas Lectores/as

 


Hoxe na nosa escola conmemoramos o día do libro coa nosa recuperada dinámica Padriños/Madriñas Lectores.

Nesta actividade o alumnado de 4º a 6º apadriñan/amadriñan ao alumnado dos cursos inferiores, e no tempo de lectura, ao son dunha música relaxante, os libros saen ao patio e os nosos cativos/as comparten lectura, sorrisos...

Un tempo de convivencia que, sen dúbida, paga a pena experimentar.


Para máis e máis fotos da experiencia facer clic sobre as imaxes. 


Outra das actividade realizadas con motivo desta conmemoración foi unha reseña lectora dun libro que estivemos a ler durante toda a semana para gozar da lectura e por suposto dunha aprendizaxe moi relevante. Agardamos vos guste. 






E para rematar esta entrada, un agasallo moi especial do alumnado de 6º EI. 


martes, 25 de abril de 2023

Escola do Benquerer: Digo que si/Digo que non


 Seguimos coas actividade de formación afectivo-sexual da escola do benquerer.

Hoxe tocou un tema moi delicado pero de especial relevancia.

Na aula de 6º estivemos a abordar a importancia de dicir NON ante todo aquilo que nos fai sentir mal, así como cales son os límites que nunca debemos permitir sobrepasar. 

O alumnado estivo moi implicado, respectuoso e concienciado. 


miércoles, 19 de abril de 2023

Día de deporte inclusivo

 


Xornada intensa de deporte adaptado. 

A nosa experienciad de hoxe non pode describirse con palabras. Tivemos a gran oportunidade de coñecer da man de ENKI e clubes colaboradores, na Universidade da Coruña diferentes deportes adaptados. 


Compartimos xunto con deportistas e voluntariado aprendizaxes, valores e unha inmensa capacidade de superación. 

Sorrisos, diversión, compañeirismo, empatía... un sinfín de calificativos positivos.

Grazas, grazas e moitas grazas.


Facede clic na imaxe e achegádevos a toda a experiencia.


martes, 18 de abril de 2023

Plantando árbores con pinceis



Hoxe participamos nunha actividade moi interesante dentro do noso proxecto Cre-Arte, titulada Plantando árbores con pinceis.

O alumnado de sexto inspirouse a través de múltiples imaxes relacionadas coa arte, a natureza, o respecto ao medio ambiente, a igualdade... e entre todas as súas propostas naceu un proxecto de mural.

Así pois, con axuda dun artista chamado David, levamos á práctica o noso diseño dun xeito algo diferente pero desde a mesma perspectiva.





Se queredes ver os artistas en acción facede clic sobre a imaxe seguinte.

lunes, 17 de abril de 2023

Soy un artista

 


Hoxe por fin o grupo de teatro dirixido pola nosa compañeira Vera, puido pasar a escea e representar a súa obra...


Con moita ilusión, ganas e diversión asegurada os actores, actrices e a dirección pasaron un moi bo rato.





Noraboa a todos e todas!


jueves, 13 de abril de 2023

Proyecto Teatro na Biblioteca


Este trimestre tentaremos dar moita vida á nosa biblioteca a través das representacións dos nenos e nenas da nosa escola.

Fixeron grupos mesturando cursos dende os cativos/as de 1º ata os de 5º e seleccionaron unha lectura para teatralizar. Axudados polos encargados e encargadas da actividade (alumnado de 6ºEP) preparan e organizan de xeito autónomo a súa actuación.

Comezamos?

Para iso presentamos ás aulas en qué consiste este proxecto, a quen vai dirixido, cales son as súas características, obxectivos...



martes, 11 de abril de 2023

Aprendemos a medir, midiendo




 Comezamos o derradeiro trimestre de este curso traballando unidades de medida. Estaremos inmersos no mundo da lonxitude, capacidade, masa e supercicie durante os meses restantes. 

E que mellor xeito de comezar que traballando por equipos.