Hoxe na nosa escola conmemoramos o día do libro coa nosa recuperada dinámica Padriños/Madriñas Lectores.
Nesta actividade o alumnado de 4º a 6º apadriñan/amadriñan ao alumnado dos cursos inferiores, e no tempo de lectura, ao son dunha música relaxante, os libros saen ao patio e os nosos cativos/as comparten lectura, sorrisos...
Un tempo de convivencia que, sen dúbida, paga a pena experimentar.
Para máis e máis fotos da experiencia facer clic sobre as imaxes.
Outra das actividade realizadas con motivo desta conmemoración foi unha reseña lectora dun libro que estivemos a ler durante toda a semana para gozar da lectura e por suposto dunha aprendizaxe moi relevante. Agardamos vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario