Este trimestre tentaremos dar moita vida á nosa biblioteca a través das representacións dos nenos e nenas da nosa escola.
Fixeron grupos mesturando cursos dende os cativos/as de 1º ata os de 5º e seleccionaron unha lectura para teatralizar. Axudados polos encargados e encargadas da actividade (alumnado de 6ºEP) preparan e organizan de xeito autónomo a súa actuación.
Comezamos?
Para iso presentamos ás aulas en qué consiste este proxecto, a quen vai dirixido, cales son as súas características, obxectivos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario