jueves, 30 de mayo de 2024

Un Betanzos con pecados. Programa Educando na Biosfera.

 A última actividade deste  curso, contemplada no Programa Educando na Biosfera, desenvolveuse en Betanzos. Permitiunos por en valor e coñecer recursos patrimoniais, culturais e etnográficos do territorio da Reserva de Biosfera, neste caso o Casco histórico de Betanzos. Ademais do interesante da visita, puidemos afondar no traballado na aula en relación ó patrimonio. Moitas grazas a Jose, que foi un gran guía e fixo que a visita fose moi interesante.

Premede na imaxe para ver outras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario