Como cada ano, hoxe conmemoramos o 25 N porque dende a nosa aula rexeitamos todo tipo de violencia e cada día somos máis conscientes das situacións que se viven na nosa sociedade.
Gustaríanos cambiar a historia, o rumbo... e que mellor xeito que a educación? Nós somos o futuro e buscamos que estea libre de calquera indicio.
Invetigamos sobre a violencia de xénero a partir do conto Rosa Caramelo, e comprendemos o que é, e non é o amor. Aquí o noso mural ao respecto.
Creamos un mural colectivo na nosa escola con lemas en contra da violencia e a favor do amor propio,o respecto e a igualdade.
A nosa aportación vai da man da nosa personaxe favorita: Mafalda
Asistimos a unha representación teatral a través de contos que merece a pena analizar: Rosa Caramelo, Os bononos con lentes, Clementina...
E xuntos, para finalizar o día, demos a benvida a nosa compañera Lauanny que aterra na nosa escola un día de gran importancia.
Agardamos disfrutes do viaxe ao noso carón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario