Ir al contenido principal

Entradas

Xornada de Nadal

  Aquí tedes algunha que outra imaxe de cómo celebramos no cole a festa de Nadal:

Postais de Nadal entre fíos

 Nestes días tamén elaboramos as postais para o intercambio de Nadal entre o alumnado do cole. Para iso aprendemos a técnica do bordado sobre papel : primeiro debuxamos os deseños, logo picamos con coidado e, finalmente, bordamos fío a fío. Foi un traballo que requiriu moita paciencia… e tamén moitos nós que desfacer 😉, pero o esforzo mereceu a pena, xa que o resultado final foi realmente espectacular!

Sabor a mar

 Dentro do PDI do centro sobre o mar, “Maresada” , presentamos o nóso mural titulado “Sabor a mar” , froito dun traballo de investigación arredor da gastronomía mariñeira. Afondamos especialmente nos produtos do mar presentes en Sada e nas propostas de diversos locais de hostalería da contorna, poñendo en valor a nosa riqueza culinaria. Para completar o traballo, quixemos darlle un toque autóctono representando os pratos sobre pezas de Sargadelos , unindo tradición, identidade e cultura do noso mar.

Minutos de ouro - Martín e Mathías

  Hoxe foi o turno de Mathías, que nos falou sobre o cine, e de Martín, que sobre as baleas.

O Nadal chegou a 6º A

Coa chegada de decembro, inauguramos o Nadal na aula de 6º A, o ambiente énchese de ilusión e maxia. Estes días estreamos o noso calendario de advento , no que cada xornada un alumno ou alumna deberá superar unha pequena proba para conseguir a súa recompensa, agochada nunha caixiña. Todas elas forman un fermoso poboado arredor da pequena árbore da clase. 🎄✨  

Minutos de ouro - Eric e Bruna

Hoxe Bruna e Eric faláronnos sobre o ballet e o baloncesto respectivamente, as súas dúas paixóns por excelencia.  

25 de novembro - Que ninguén afogue o teu corazón

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...