Nestes días tamén elaboramos as postais para o intercambio de Nadal entre o alumnado do cole. Para iso aprendemos a técnica do bordado sobre papel: primeiro debuxamos os deseños, logo picamos con coidado e, finalmente, bordamos fío a fío. Foi un traballo que requiriu moita paciencia… e tamén moitos nós que desfacer 😉, pero o esforzo mereceu a pena, xa que o resultado final foi realmente espectacular!
Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...
Comentarios
Publicar un comentario