1º Proxectamos na pantalla interactiva da aula situacións coma a que deixo a continuación:
2º Realizamos debates en parellas, logo en grupos cooperativos de 4/5 persoas e finalmente expoñemos as conclusións en gran grupo
Preme para ver o vídeo e reflexionar sobre a comunicación asertiva, así o fixemos nós:
Deixámosvos aquí unha mostra das claves que aprendemos para dicir que non de forma asertiva:
✓ Verbalízao: dicir que non de maneira clara e firme.
✓ Arguméntao: explica o teu motivo para dicir que non (pode ser tamén un non temporal
“Agora non podo, pero máis adiante...”).
✓ Fala das emocións: se a proposta che da medo, non te sentes cómodo ou cómoda,
ou che preocupa algo sobre a mesma... tes que transmitilo.
✓ Usa frases cortas e directas. Estás expoñendo o teu punto de vista, non xustificándote.
✓ Interpela a outra parte antes de expor as túas necesidades: “Entendo (que ti queiras X,
que ti fagas X, a túa posición... pero eu...”.
✓ Escoita activamente o que a outra parte teña que responder.
✓ Usa un ton de voz e unha postura corporal axeitada: fala de maneira convincente e
rotunda (que amose que non vas cambiar de opinión ante a presión), mirando aos ollos,
cunha postura relaxada. Lembra que estás no teu dereito a dicir non.
✓ Algunhas frases que axudan:
o Síntome...
o Entendo que ti... pero eu...
o Cando pasou... eu sentinme... e gustaríame que fixeras...Pola miña parte,
eu comprométome a...
o Eu creo/ Eu opino
o Gustaríame que..
o Quero que...
✓ Finalmente, lembra que, a pesar de todos os recursos e bo facer
ue teñas, pode ocorrer
que a outra persoa continúe usando un ton elevado ou comportándose de maneira
agresiva. Nestes casos, hai que saber ter estratexias alternativas, e abandonar a
conversa unha vez exposto o teu punto de vista pode ser unha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario