Hoxe tivemos a sorte de asistir a un Concerto didáctico nas instalacións da nosa escola.
Esta iniciativa é promovida polo Centro Coreográfico galego para facer un percorrido polos principais instrumentos da música tradicional galega, coa fin de coñecer as súas características musicais e de construción. Ao mesmo tempo, estes instrumentos serven para introducir os ritmos máis importantes coas súas características e usos...
Non vos imaxinades a de cousas que aprendemos e sobre todo, o que gozamos escoitando ao grandes músicos que nos deleitaron con cancións e sons tradicionais...
Seguimos mergullados na nosa cultura, na nosa tradición... a son de gaitas, pandeiros, e zanfoñas...
E ti? Tocas algún instrumento musical tradicional de Galicia??
Deixámosvos un exercicio para aprender as partes da gaita:
GRAZAS POR VIR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario