A sesión de matemáticas de hoxe foi un tanto especial. Co obxectivo de repasar a numeración do romana, levamos a cabo un gymkana por equipos na que tivemos que:
1. Localizar as probas a realizar a través de pistas dadas (había que moverse pola escola sen correr e sen falar).
2. Resolver cada proba en equipo (xuntos).
3. Comprobar coa mestra a correcion da proba resoltar.
4. Selar a pista xa conseguida e recoller a peza do crebacabezas correspondente.
5. Xa resoltas todas as probas e recollidas todas as pezas, montar e colorear o crebacabezas.
6. FIN DO XOGO
TEÑO QUE DARVOS A NORABOA POLO VOSO TRABALLO E COMPORTAMENTE DURANTE A ACTIVIDADE. ESTOU ORGULLOSA DE QUE ESTIVERADES POLO CENTRO SEN QUE SE NOTASE E NA AULA VIN TRABALLO EN EQUIPO, SEN BERROS, SEN ACUSACIÓNS... FAIME MOI FELIZ VERVOS TRABALLAR ASÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario