Hoxe en 6º A recibimos a visita de Lecturitas que, acompañado de Noelia, presentounos o proxecto do centro para este curso: Maresada. Tras contarnos un conto sobre as crebeiras, plantexounos os distintos retos e tarefas que imos realizar durante estos meses dentro do proxecto e... non podemos ter máis ganas de completalos!
Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...
Comentarios
Publicar un comentario