Ir al contenido principal

“Mariquiñas de papel”: repensando os estereotipos

 Esta mañá vivimos na aula un taller moi interesante titulado “Mariquiñas de papel”, organizado pola asociación Visibles e impartido por unha nutricionista convidada. A través desta actividade reflexionamos sobre os estereotipos corporais de xénero, os patróns de conduta que temos en consecuencia as persoas e a influencia das redes sociais e da publicidade na forma en que nos vemos e nos presentamos ante os demais.

Durante a sesión analizamos como, moitas veces, as imaxes e mensaxes que recibimos nos condicionan sen decatarnos, marcando o que “debería” gustarnos ou como “deberíamos” ser segundo o noso xénero. Falamos de como é importante coidar o que consumimos tamén a nivel emocional, aprender a mirar con ollos críticos e a valorar a diversidade real que nos rodea.

Para rematar o taller, puxémonos mans á obra e creamos as nosas propias “mariquiñas de papel”, personaxes únicos feitos por nós. Cada un e cada unha vestiunos, elixiulles un nome, un segredo, unha afección e mesmo un superpoder, representando así a liberdade de ser e expresarse sen límites nin etiquetas.

Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida, que nos axudou a pensar, crear e compartir dende o respecto e a imaxinación.






















Comentarios

Entradas populares de este blog

25 de novembro - Que ninguén afogue o teu corazón

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...

Desexámosche o mellor Iovanna!

 Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula.  Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.

Obradoiro de tapices con Mar Fraga

  Esta semana tivemos a sorte de participar nun  obradoiro moi especial de creación de tapices con redes mariñeiras , unha actividade organizada no marco das propostas educativas da  Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” .  O obradoiro estivo guiado pola artista e artesá de  Enmalle Studio (Oleiros) , Mar Fraga  , responsable dun espazo no que se recuperan  redes mariñeiras en desuso  para darlles unha  segunda vida converténdoas en tapices decorativos . Esta proposta artística combina arte téxtil, artesanía, escultura e sustentabilidade, e pon en valor materiais ligados directamente á cultura mariñeira da nosa contorna. Durante a actividade, o alumnado aprendeu a  traballar con estas redes recuperadas , explorando técnicas de intreccio e creación de texturas. Foi sorprendente ver como simples retallos e nudos transformábanse en pezas cheas de cor, movimiento e sentido! Ademais de desenvolver a creatividade, tamén re...