lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

 




Hoxe, como non podía ser doutro xeito conmemoramos o día da paz na nosa escola. 
As primeiras horas adicámolas a investigar por grupos e dar resposta a cuestións tales como: 

- Por que se celebra o día da paz o 30 de xameiro?

- Está relacionada esta conmemoración con algunha figura histórica?

- Por que os símbolos da paz son unha pomba e esa estrana figura circular?

Os diferentes equipos fixeron moi bo traballo e así puidemos coñecer mellor a Mahatma Gandhi.


Xa postos en materia, participamos nun acto grupal no patio onde limos un manifesto, recitamos un poesía a prol da paz (Grolos de Paz), cantamos e bailamos ao son da canción"Que Bonito" e construimos entre todos e todas unha escultura de sorrisos.







POR UN MUNDO CHEO DE PAZ, SORRISOS E NON VIOLENCIA. 


CLIC NA IMAXE PARA MÁIS FOTOS DA XORNADA



No hay comentarios:

Publicar un comentario