Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos no noso centro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller , unha data na que lembramos a importancia de seguir loitando por unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de agresións. É un día para visibilizar , concienciar e, sobre todo, educar no respecto e na igualdade. Este ano, dentro do noso PDI Maresada , escollemos un lema moi especial: “Que ninguén afogue o teu corazón” Unha frase que une perfectamente o tema do mar coa idea de protexer aquilo que nos fai únicas e valiosas: os nosos sentimentos, a nosa liberdade e a nosa dignidade. Igual que o mar pode ser calma ou tempestade, tamén as relacións humanas poden ser espazo de coidado… ou de violencia. Por iso é tan importante aprender a recoñecer que ninguén debe nunca “afogar” a nosa voz, a nosa alegría nin o noso corazón. Ao longo desta semana, o alumnado realizou os seus propios carteis individuais antes de coñecer o mural colectivo: Diseño de Fatima...
Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula. Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.
Hoxe aprendemos a utilizar unha ferramenta moi especial de Canva chamada Multimedia Máxica . Trátase dunha función que emprega intelixencia artificial para crear imaxes a partir das nosas palabras. O funcionamento é moi sinxelo: nós escribimos unha descrición —por exemplo, “un dragón azul con ás douradas voando sobre unha cidade futurista” — e Canva xera unha imaxe que se parece moito a esa escena. Para probalo, seguimos estes pasos: Abrimos un deseño novo en Canva: pode ser unha presentación, unha folla en branco ou calquera outro formato. No menú da esquerda buscamos a opción “Multimedia Máxica” . No cadro de texto que aparece, escribimos a nosa descrición. Por exemplo: “unha rapaza aventureira cunha capa vermella e un mapa na man” . Facemos clic en “Xerar” e Canva crea a imaxe correspondente ás palabras que escribimos. Esta ferramenta funciona grazas á intelixencia artificial xerativa , que aprendeu a relacionar palabras con imaxes. Cando escribimos un texto, o s...
Comentarios
Publicar un comentario