PROBLEMAS PARA A VIDA
Este trimestre comezamos cunha nova dinámica na aula. Aproximadamente, unha vez á semana levaremos a cabo unha práctica de problemas competencias en grupo. Trátase da resolución de situacións reais que poidan darse na vida dos nenos e nenas (realización dunha compra, preparación dun menú, unha receita...) extraendo datos de folletos publicitarios, rede... todos reais e dar solución (de diferentes formas) á situación plantexada.
O noso primeiro contacto con esta práctica e co emprego de calculadora está a ser moi positivo. Continuaremos a aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario