Esta semana tivemos a sorte de participar nun obradoiro moi especial de creación de tapices con redes mariñeiras , unha actividade organizada no marco das propostas educativas da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” . O obradoiro estivo guiado pola artista e artesá de Enmalle Studio (Oleiros) , Mar Fraga , responsable dun espazo no que se recuperan redes mariñeiras en desuso para darlles unha segunda vida converténdoas en tapices decorativos . Esta proposta artística combina arte téxtil, artesanía, escultura e sustentabilidade, e pon en valor materiais ligados directamente á cultura mariñeira da nosa contorna. Durante a actividade, o alumnado aprendeu a traballar con estas redes recuperadas , explorando técnicas de intreccio e creación de texturas. Foi sorprendente ver como simples retallos e nudos transformábanse en pezas cheas de cor, movimiento e sentido! Ademais de desenvolver a creatividade, tamén re...
O Entroido deste ano no noso cole tivo sabor mariñeiro! Como temos comentado, o proxecto anual do cole está relacionado co mar e nos centrámonos na gastornomía mariña. Por iso, por entroido convertémonos en chefs do nóso restaurante imaxinario “Maresada”. Semanas antes comezamos a preparar os nosos disfraces: elaboramos nós mesmos os mandís e os gorros de cociña empregando tea. Para iso aprendemos nocións básicas de costura, tanto a man como coa máquina. Practicamos puntos sinxelos, aprendemos a enfiar a agulla e a manexar con coidado a máquina de coser. Pero un bo cociñeiro ou cociñeira de “Maresada” non pode saír sen o seu prato estrela! Por iso, cada un elaborou o seu propio prato inspirado no mar. Empregamos papel maché e plastilina para modelar peixes, mariscos, sushi e outras delicias mariñas. Aquí vos deixamos imaxes do proceso e do entroido: