sábado, 22 de febrero de 2020

Entroido: Homes e mulleres do mar en loita pola igualdade

Érase unha vez unha vila chamada Sada na que homes e mulleres, todos vivindo do mar, enfadábanse e discutían moito entre eles.
Non sabían moi ben por que ata que un día descubriron que era  o malvado tiburón o que o provocaba. Entón decidiron unirse para acabar con el.
Dende ese día fan este baile onde o mariñeiro que leva a bandeira representa que venceu a Igualdade entre os homes e as mulleres.
Para ver fotos do Entroido de 6º de Primaria pica na imaxe:


sábado, 15 de febrero de 2020

Contos clásicos pola igualdade

Dentro do proxecto no que estamos participando neste curso, reescribimos o conto da Cincenta desde unha perspectiva de igualdade.
As ilustracións dos contos son litografías que fixemos na nosa vsista ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos.

jueves, 13 de febrero de 2020

Actividade no CIEC do Programa Educativo da Reserva da Biosfera

O 10 de febreiro fomos ao Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos a realizar unhas litografías para ilustrar a actividade "Contos clásicos pola igualdade" que estamos facendo dentro do proxecto de igualdade no noso colexio.
A visita ao CIEC gustounos moito e pasámolo moi ben facendo as litografías.
Esta actividade forma parte do Programa educativo da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo.


domingo, 9 de febrero de 2020

MULLERES DE PAZ

A continuación podedes ver as entrevistas que realizamos a mulleres que contribúen ou contribuíron a ter un mundo mellor.
Esperamos que vos gusten!!
Picando nas imaxes podes ler as entrevistas

   Clara Campoamor                           Rosa Parks                        Berta Cáceres