viernes, 25 de febrero de 2022

Entroido 2022

Hoxe celebramos o ENTROIDO e seguindo o lema "Slow fashion" e preparados para un bo feirón, alá fomos de costureiras e costureiros... Mirade! Non faltou detalle no noso disfraz.

Bailamos, rimos, xogamos... así damos a benvida ao entroido no cole CEIP Sada y sus contornos.

Foi un pasarúas do máis animado, grazas ás familias que puideron acompañarnos polo paseo. Que fermosas vistas ao mar puidemos disfrutar! 

Feliz ENTROIDO familias! 






























miércoles, 23 de febrero de 2022

Feliz día de Rosalía ( 23 de febreiro do 2022)

 

O día 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía... debuxamos uns pensamentos, a flor prefirida de Rosalía.... 

Enchemos os pétalos coas súas frases máis famosas.. unha homenaxe a ROSALÍA

E.. para rematar, bailamos ao son das súas letras... bailamos o amor, a choiva, a amizade, bailamos ás labregas, agricultores e gandeiras...

 







martes, 15 de febrero de 2022

Comunicación Asertiva ( Escola do Benquerer)

Comunicación asertiva


1º Proxectamos na pantalla interactiva da aula situacións coma a que deixo a continuación:



2º Realizamos debates en parellas, logo en grupos cooperativos de 4/5 persoas e finalmente expoñemos as conclusións en gran grupo




Preme para ver o vídeo e reflexionar sobre a comunicación asertiva, así o fixemos nós:


Deixámosvos aquí unha mostra das claves que aprendemos para dicir que non de forma asertiva: 


✓ Verbalízao: dicir que non de maneira clara e firme. 

✓ Arguméntao: explica o teu motivo para dicir que non (pode ser tamén un non temporal “Agora non podo, pero máis adiante...”).

✓ Fala das emocións: se a proposta che da medo, non te sentes cómodo ou cómoda, ou che preocupa algo sobre a mesma... tes que transmitilo. 

✓ Usa frases cortas e directas. Estás expoñendo o teu punto de vista, non xustificándote.

 ✓ Interpela a outra parte antes de expor as túas necesidades: “Entendo (que ti queiras X, que ti fagas X, a túa posición... pero eu...”.

 ✓ Escoita activamente o que a outra parte teña que responder. 

✓ Usa un ton de voz e unha postura corporal axeitada: fala de maneira convincente e rotunda (que amose que non vas cambiar de opinión ante a presión), mirando aos ollos, cunha postura relaxada. Lembra que estás no teu dereito a dicir non. 

✓ Algunhas frases que axudan: o Síntome... o Entendo que ti... pero eu... o Cando pasou... eu sentinme... e gustaríame que fixeras...Pola miña parte, eu comprométome a... o Eu creo/ Eu opino o Gustaríame que.. o Quero que...

 ✓ Finalmente, lembra que, a pesar de todos os recursos e bo facer 
ue teñas, pode ocorrer que a outra persoa continúe usando un ton elevado ou comportándose de maneira agresiva. Nestes casos, hai que saber ter estratexias alternativas, e abandonar a conversa unha vez exposto o teu punto de vista pode ser unha.




miércoles, 9 de febrero de 2022

O xogo da autoestima ( TEI)



O xogo da autoestima

1º Colle un folio de cor, escribe que che inspira esa cor, que emoción che produce...

2º A mestra vai lendo oracións sobre sucesos que nos poderían pasar ao longo dun día ou na vida. Por exemplo: teño unha pelexa co meu irmán/irmá pequeno ou pequena
Reflexiona sobre ese suceso e arrinca un anaco dese folio de cor (tan grande coma o sentimento negativo que ch produciu ese suceso) e reflexar como afecta á nosa autoestima

3º Unha vez que tes todos os anacos de folio e deixa de ser un todo e pasa a ser anacos dun crebacabezas, volve  montar o  folio.
que observamos?
É difícil recompoñelo verdade?

A autoestima é fácil de diminuír con pequenos feitos que nos van pasando no noso día a día pero recompoñela non é tan sinxelo

4º Expresamos de forma individual como nos sentimos mentras montamos os anacos e nos custa ( impotencia) e cando o conseguimos ( alegría, emoción, aumento de autoestima, de motivación...)










Preme no seguinte enlace para saber máis.....:





 

martes, 8 de febrero de 2022

VITAMINA D e aprendizaxe

Bo dia familias, profes, alumnos e alumnas.....!

No seguinte enlace podedes ver unhas fotos de cando saímos ao patio nun día soleado e con vistas ao mar.

Aproveitamos para practicar ortografía e gramáticas e aprender moitas SIGLAS novas... Botade unha ollada: 

Un parchís ortográfico, un scrabble, un xogo para aprender sinónimos e antónimos....


FOTOS

Tamén vos deixamos un enlace sobre a Aprendizaxe baseada en xogos e a súa importancia:

ABJ