miércoles, 15 de junio de 2022

Desexámosche o mellor Iovanna!




 Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula.

 Pois si que tivo paciencia con nós!!!

O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías.

A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;)

Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros.

Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento!

Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas.

Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.





martes, 14 de junio de 2022

Ciberseguridade.... estamos seguros cando navegamos pola rede???

 Navega con rumba ofreceunas respostas a todas aquelas preguntas que no tocante á nosa ciberseguridade tiñamos...

Virus, correos electrónicos, videoxogos.... pero aprendimos a deseñar as contrasinais máis seguras do mundo... Agora xa temos o segredo para estar protexidos e nevagar con RUMBO no cole, na casa, e en calquera aparello tecnolóxico.

Incluso sabemos onde localizar FAKE NEWS de noticias dos xornais máis punteiros do noso país....

Navega con rumbo

viernes, 10 de junio de 2022

Alvarella día 2: Aventuras do alumnado de 6º


O noso segundo día de excursión, a excursión de 6º de fin de curso, pero como xa dixemos na última publicación, tamén marca a fin da nosa etapa na Educación Primaria. Non podía faltar a aventura, e aventuras vivimos unhas poucas no día de hoxe.
1º Kaika, logo cabalos, tiro con arco... anda, pero o que máis nos gustou foi a piscina, porque....

 MENUDO CHAPUZÓN!!!!


Pincha para ver as fotos do segundo día en Alvarella 

jueves, 9 de junio de 2022

Alvarella 09/06/2022

 

Hoxe é e será un día inolvidable, ese que recordaredes dentro de moito tempo e botaredes un sorriso.

Gozamos dunha ruta para ver o Castelo dos Andrade onde tamén poidamos facer un pouco de teatro e rir moito coa lenda que nos contaron para entender a historia de forma máis divertida e amena.

Subir costas xa non daba tanta risa pero somos fortes e voltamos a Alvarella para seguir gozando e correndo polas súas instalacións ata que nos ofreceron un delicioso xantar.

Pola tarde tocou enfrontar medos, vértigos.... pero entre tanta risa e emoción e animándonos a pleno pulmón todos e todas conseguimos gozar do rocódromo

Mañá máis e mellor, tampouco vos podemos contar todo SHUUUUU! Algunhas cousas son segredos vividos e compartidos cos compañeiros e compañeiras de 6º de E.P que sempre lembraredes e levaredes no voso corazón. 

Se pinchades enriba da seguinte foto poderedes ver as fotos que o profe Andrés e a profe Fátima nos quitaron, con tanta foto xa pareciamos famosos:










lunes, 6 de junio de 2022

"In a heartbeat" de Esteban Bravo e Beth David ( TEI)


"In a heartbeat" de Esteban Bravo e Beth David



1º É necesario gozar desta curtametraxe para entnder o que traballamos na aula de 6º nesta actividade do programa TEI























Expoñemos todos os compromisos individuais, de aula e de centro que se nos ocorre para que o sucedido nesta curta non suceda e saber actuar no caso de presencialo