viernes, 26 de abril de 2024

Un pouco de historia

 Despois de buscar, seleccionar e contrastar información de diversas fontes, realizamos as nosas  exposicións grupais sobre os acontecementos máis relevantes da historia contemporánea en España. Finalmente, para comprobar o que aprendemos, elaboramos preguntas sobre os traballos para os nosos compañeiros.

   

  

 

   

   

  


miércoles, 24 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, con motivo do Día do libro, na nosa escola realizamos varias actividades:

Os alumnos de cursos superiores fixeron de padriños e madriñas dos máis pequenos. Nós, lemos contos os nenos e nenas de 4º EI.




Participamos na proposta do 1º ciclo Sadadona: un mercado solidario a favor de Médicos sen fronteiras, onde o alumando do centro doou libros e despois, de xeito voluntario, puidemos comprar.

  

    











martes, 23 de abril de 2024

Obradoiro de banda deseñada con Santy Gutiérrez

 Onte participamos nun obradoiro de banda deseñada co  artista Santy Gutiérrez. A través das personaxes Brais e Chisco coñecemos as características do cómic e deseñamos o noso. Gustounos moito e pasámolo xenial!

Preme nas imaxes para acceder a novas:

          




lunes, 22 de abril de 2024

Balonmán na rúa 5 x 5

 Con motivo do próximo circuito balonmán na rúa 5 x 5,  a FGB (Federación Galega de Balonmán) ofreceunos unha clase práctica na que puidemos coñecer mellor esta disciplina deportiva.



viernes, 19 de abril de 2024

Muncyt Coruña

 Este xoves, o alumado do terceiro ciclo visitamos o Muncyt. A primeira actividade, relacionada co tema que estamos a dar na aula: a electricidade,  consistiu en realizar experimentos guiados en equipo, empregando modelos para conseguir un produto final.



A continuación, realizamos unha visita guiada polo museo na que coñecemos cousas moi interesantes.  Aínda que se nos fixo un pouco curto, aprendemos e gustounos moito!





viernes, 12 de abril de 2024

COGAMI. Obradoiro de sensibilización.

 Esta semana, grazas a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), puidemos participar nun obradoiro de sensibilización sobre discapacidade.

A través de diversas actividades, puidemos comprender e familiarizarnos coa realidade das persoas con algún tipo de discapacidade.

Preme na imaxe para acceder a fotografías da xornada.



lunes, 8 de abril de 2024

Matemáticas colaborativas

 O pasado mes comezamos a desenvolver  de xeito especial a resolución de problemas matemáticos a través de estratexias cooperativas sinxelas, dirixidas á consecución de obxectivos compartidos. Está resultando moi interesante e estamos traballando arreo.

   

   

   

   



miércoles, 3 de abril de 2024

Escolas visuais

 Hoxe, na sesión de educación física, participamos nunha actividade dentro do programa Escolas Visuais, que ten como obxectivo mellorar a atención educativa de todo o alumnado para conseguir unha escola máis inclusiva.

Preme na imaxe para acceder a fotografías da xornada.



viernes, 15 de marzo de 2024

Punto Laranxa

 A nosa escola conta co Punto Laranxa, unha medida promovida pola Xunta de Galicia para previr o acoso e ciberacoso nos centros educativos.

Lucía, a orientadora do centro, informounos sobre a súa importancia, ubicación e funcionamento: a través dunha mensaxe anónima introduciremos no buzón o que está a acontecer e o persoal docente actuará en consecuencia.





miércoles, 13 de marzo de 2024

Europa: paisaxes e climas

Despois de traballar a xeografía europea afondamos nas súas paisaxes e climas.

En primeiro lugar, buscamos, seleccionamos e organizamos a información en formato dixital de xeito grupal.

   

A continuación, presentamos os traballos en formatos diversos.

  

   


Finalmente, despois de moita práctica, imos mellorando as nosas técnicas para acadar unha boa exposición oral dos resultados da nosa investigación.