Despois de buscar, seleccionar e contrastar información de diversas fontes, realizamos as nosas exposicións grupais sobre os acontecementos máis relevantes da historia contemporánea en España. Finalmente, para comprobar o que aprendemos, elaboramos preguntas sobre os traballos para os nosos compañeiros.
Hoxe é un día especial, a nosa mestra Iovanna remata a súa labor docente na nosa aula. Pois si que tivo paciencia con nós!!! O alumnado de 6º curso desexámosche o mellor na túa andaina polo mundo da docencia, ese que dá tantas alegrías. A pesar diso, quedamos algo tristes pola súa partida xa que: As tarefas que ela nos enviaba eran as mellores ! ;) Gracias Iovanna por axudarnos a ser mellores, e a corrixir os nosos pequenos erros. Grazas pola túa axuda, apoio e comprensión en todo momento! Como a cousa vai de cualificacións, nós tamén queremos que te gradúes cun SB de profe con maiúsculas. Hoxe estamos de celebración pero mañá voltamos para ensinarvos algúns fotiños emotivas!.


















Comentarios
Publicar un comentario