martes, 27 de febrero de 2024

Teatro: "Violino, inglesa e o libro xigante"

Hoxe, estreamos na Casa da Cultura  a obra: Violino, inglesa e o libro xigante, escrita por Xoan Babarro e Ana María Fernández, coa que a RAG presentou o proxecto Primavera das Letras de Luisa Villalta.

Como dicía Luisa en relación ós seus ensaios musicais: Ensaiamos todos os días, fatigando a repetición e descobrindo as pequenas xemas escondidas. Repetir, repetir, repetir, repetir, outra vez, un día e os seguintes.

Tamén nós traballamos moito para representar a que foi a nosa primeira obra teatral, na que nos acompañaron María, mestra de apoio na nosa aula e ex alumna de Luisa Villalta, e compañeiros doutros cursos na parte musical. María interpretou un fragmento da obra escrita por Luísa Villalta: Concerto para un home só, que deu paso á representación do alumnado.

Moitísimos parabéns a todos!

jueves, 22 de febrero de 2024

Plan Director Convivencia: Novas Tecnoloxías

Hoxe  recibimos unha charla informativa  por parte da Garda Civil sobre novas tecnoloxías,  co obxectivo de favorecer tanto o bo uso das mesmas como a convivencia no centro. Estivo centrada, principalmente, en redes sociais e videoxogos.







miércoles, 21 de febrero de 2024

Robótica e Luisa Villalta

 Para afianzar a biografía xa traballada sobre Luisa Villalta (autora homenaxeada este ano o Día das Letras Galegas) realizamos unha actividade de robótica, elaborada na aula, empregando o tale-bot.


lunes, 19 de febrero de 2024

Guionistas e actores por un día

Nesta ocasión compartimos as nosas creacións literarias, plásticas e dramáticas. Todas elas relacionadas coa falta de hábitos saudables e outras enfermidades. Esperamos que vos gusten tanto como a nós!
 







jueves, 15 de febrero de 2024

Malos hábitos e enfermidades

En ocasións a falta de hábitos saudables pode causar certas enfermidades e outras veces son os contaxios os que  as producen. Relacionado co anterior traballo  compartimos estas presentacións.

jueves, 8 de febrero de 2024

Entroido 2024

Durante a semana seguimos os mandados do meco e preparámonos para o gran día.
Preme nas imaxes para máis fotografías

Hoxe, puxémoslle ó mal tempo boa cara, sabrosas orellas, filloas, rosquillas... e música, moita música para divertirnos. Pasámolo xenial!!

E mostra dos nosos bailes...




martes, 6 de febrero de 2024

Día da Internet segura

Baixo o lema "Protege tus dispositivos: aprende a realizar configuraciones seguras" realizamos un obradoiro online no que aprendemos a previr problemas de ciberseguridade nos nosos dispositivos e servizos online.



domingo, 4 de febrero de 2024

Boa viaxe, Juan!

O pasado venres, 2 de febreiro, despedímonos do noso compañeiro Juan, no que foi o seu último día na escola.  Danos moita mágoa  e botarémoste moito de menos porque estivemos xuntos desde infantil , pero seguro que en breve estarás adaptado o teu novo colexio.
Desexámosvos o mellor a toda a familia!

viernes, 2 de febrero de 2024

Hábitos saudables

A continuación, presentamos hábitos de vida saudables que nos axudarán a mellorar o noso benestar físico e emocional

jueves, 1 de febrero de 2024

Día escolar da non violencia e da paz

O pasado martes, 30 de xaneiro, conmemorouse na nosa escola o día da paz. Este ano, en relación co proxecto do centro, intercambiamos bolboretas con cualidades positivas a través do ritual Sawabona. Finalmente cantamos e interpretamos a letra da canción "Una marea de gente".