lunes, 14 de noviembre de 2022

A máquina do Tempo

 




Este ano voltamos a formar parte do colexio do Benquerer, un programa de educación afectivo-sexual baseado no bo trato, a confianza, o respecto, a diversidade e o pensamento crítico que nos ofrece actividades adaptadas á nosa idade e de interese para a vida.

Hoxe comezamos coa primeira, baixo o título "A máquina do tempo" e aprendemos sobre os cambios que se producen na adolescencia nos homes, nas mulleres e en ambos (aqueles cambios comunes) xa que estamos a medrar moi rápido e precisamos saber que todo o que acontecerá é normal e non supón ningún tipo de vergoña.



viernes, 11 de noviembre de 2022

Proxecto Memoria

 

Hoxe tivemos a oportunidade de participar na actividade Proxecto Memoria no que, na man dun narrador oral, coñecimos a catro veciñas de Sada que falaban do seu pasado na nosa vila.


Aprendemos sobre os seus xogos, as súas familias, as diferenzas da súa vida en comparación coas nosas...


Comprendemos que é importante dar valor aos nosos maiores, ao moito que teñen por ensinarnos e contarnos. As historias de vida poden marcar a nosa propia para sempre.