lunes, 25 de noviembre de 2019

A nosa aportación á conmemoración do 25 de Novembro

https://photos.app.goo.gl/VyarrkoBJRcseh1P6
Pinchando na foto podedes ver  outras imaxes
Comezamos a conmemoración cantando  a canción "Matriarcas" co resto de compañeiros do colexio. Despois colaboramos na elaboración da apócema en contra da violencia de xénero e, por último, brindamos e bebemos todos xuntos.

viernes, 22 de noviembre de 2019

25 de novembro: Cartas e correos contra a violencia de xénero


Con motivo do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, os menos e nenas de 6º de Primaria escribimos cartas e correos.
Diriximos as nosas cartas aos agresores e ás vítimas e os correos ás administracións e ás persoas que son testemuñas destes actos e calan, sendo cómplices destas situacións.
As nosas cartas e correos están expostas en dous murais na aula e tamén podedes lelos nos seguintes enlaces:
Clica nas imaxes para ver as fotos
 https://photos.app.goo.gl/2Vsiuwa7gHrwkjsz7

jueves, 7 de noviembre de 2019

Mural Carmen López Cortón

A nosa clase colaborou nun mural sobre a vida de Carmen López Cortón elaborado por todas as aulas do colexio.
Carmen López Cortón formou parte da Escola Libre de Ensinanza e nós recollemos información sobre a orixe e historia desta institución.