sábado, 21 de diciembre de 2019

Prazer em conhecer-te

Onte sorprendemos a Samuel cunha canción de Nadal na súa lingua e así despedímonos del no seu paso polo colexio.

NADAL EN SEXTO

O día 20 de decembro rematamos as clases e celebramos  a fin de ano dun xeito especial.
Se pinchades na imaxe poderedes ver as fotos da celebración na nosa aula.

lunes, 16 de diciembre de 2019

Mulleres deportistas: Susú Cores e Pilar Neira

Dúas mulleres deportistas visitaron o noso colexio: Susú Cores e Pilar Neira.
Contáronnos a súa experiencia no mundo do deporte, tradicionalmente masculino.
Conversamos con elas e preguntámoslles polas dificultades que tiveron para vencer os estereotipos existentes e como lograron superalos.
Susú Cores
   
Pilar Neira
https://photos.app.goo.gl/AgiUuj5e4wd2TNG16


jueves, 5 de diciembre de 2019

Participamos no pleno infantil do Concello de Sada


Os nenos e nenas de 6º curso participamos no Pleno Infantil do Concello de Sada xunto cos de 5º.
Cecilia presidiu a sesión e os concelleiros e concelleiras que representaron ao noso curso foron: Karla, Manuel, Martina, Roi, Samuel, Adrián, Cristina e Antía.
As propostas que elaboramos en 6º e presentamos no pleno foron:

RECOÑECEMENTO DE MULLERES DE SADA E A SÚA CONTORNA.
  1. Dar a coñecer os traballos máis comúns que realizaban antigamente as mulleres e os que fan na actualidade a través dun traballo expositivo e comparativo.
  2. Facer un recoñecemento anual dunha muller de Sada polo seu labor, por exemplo: no ensino, na medicina, na axuda aos demais…
  3. Poñer ás rúas nomes de mulleres importantes de Sada ou escribir no chan do porto de Sada, como xa hai algúns postos, os nomes e as mans de mulleres destacables en Sada.
  4. Organizar unha festa para as mulleres da vila e facer unha escultura na súa honra nun lugar da vila.
ACCESIBILIDADE, MOBILIDADE OU MELLORAS NA NOSA ESCOLA
  1. Colocar na entrada á biblioteca, dende o patio, unha rampla desmontable (de poñer e sacar) para facilitar a entrada ás persoas en cadeira de rodas.
  2. Dotar dalgún produto antideslizante o chan do ximnasio para evitar os  esvaramentos que se están a producir.
  3. Suprimir o  chanzo da entrada principal ao colexio (onde está a cancela de ferro). Habería que eliminar o actual desnivel entre a beirarrúa e a entrada ó centro. Este dificulta á entrada ás persoas en cadeira de rodas; con carriños de bebés etc..
  4. Reparación da beirarrúa da Avda. Sada y sus Contornos que dá acceso ó colexio, pola parte de arriba, e que se atopa en mal estado.
Clicando nas imaxes podedes ver as fotos e o vídeo do Pleno.


lunes, 2 de diciembre de 2019

Mural Matriarcas

Fixemos unha parte do mural da canción Matriarcas. Na nosa contribución ao mural representamos a estrofa que correspodeu a 6º de Primaria:
"Comezan as historias con homes encumados,
rematan sempre todas con mulleres que os salvaron,
da morte do intelecto, de insectos que os picaron,
de turbias lendas vellas que non queren nen lembrar."

Se clicades na imaxe podedes ver as fotos.
https://photos.app.goo.gl/XQJ5TC4Pw648N76y7