martes, 28 de febrero de 2023

SARGADELOS

 



No día de hoxe estivemos toda a mañá na fábrica de Sargadelos disfrutando dunha visita guiada e un obradoiro artístico que sacou a relucir o noso potencial e creatividade. Sen dúbida repetiríamos experiencia. 


Facendo clic na seguinte imaxe, podedes ver todas as fotos da nosa visita. 


viernes, 24 de febrero de 2023

Día de Rosalía

 




Como non pode ser doutro xeito, hoxe celebramos o día da nosa Rosalía. 

Desta vez, o alumnado de 6º creamos unha poesía titulada Que diría Rosalía?.

Nela reflectimos diferentes inxustizas sociais como símbolo do noso rexeito a elas dende a posible voz de Rosalía, poeta, escritora e muller denunciante e reivindicativa a prol da igualdade, a paz, a non violencia e a convivencia pacífica. 


WHAT MONSTER?


 Día moi divertido e teatral. 

Gozamos dunha representación en inglés titulada What monster? realmente simpática, divertida e chea de sorpresas.

Unha das protagonistas (sen esperalo) foi a nosa compañeira Silvia que fixo un moi bo papel. Podedes comprobalo nos seguintes vídeos (jajajaja).






Un forte aplauso para ela. 


E na seguinte imaxe, máis e máis fotos.


viernes, 17 de febrero de 2023

ENTROIDO

 


Día de festa e celebración. Así de guap@s e picassianos desfilamos hoxe pola nosa localidade ao ritmo de música de entroido.

Vaia cuadros estamos feit@s!

Se queredes ver máis no deixedes de clicar na imaxe. 


jueves, 16 de febrero de 2023

ESCULTURA PAXARO PETEIRO

 


Hoxe tocou xornada de arte e convivencia. 

Os nenos e nenas de 6º de EP e 6º de EI saíron xuntos para poder debuxar por parellas a escultura de Jorge Peteiro que temos preto da nosa escola.

Xa veredes os resultados deste proxecto colaborativo.

Unha experiencia para repetir (comprobádeo facendo clic na seguinte imaxe)


martes, 7 de febrero de 2023

Día de Internet seguro


 O alumnado de 6º participou hoxe nunha sesión online sobre un uso de internet con seguridade, concretamente estivemos a traballar para detectar o fraude nos videoxogos e evitar así riscos innecesarios.